Xogando coa verdade

esulta difícil non comentar a “invasión rusa” da Ucraína que seica se ía producir o pasado mércores, especialmente cando se fixeron eco do anuncio membros do Governo dos Estados Unidos, un país que se gaba da súa imparcialidade. O relato foi asumido pola inmensa maioría dos medios desta potencia, aínda hexemónica, sen a mínima actitude critica e sen dar fontes e datos, e sería repetido por nacións aliadas e países subalternos. O que reflicte ate onde pode chegar a teatralización da mensaxe, co obxectivo de disfrazar o egoísmo de poñer muros a un mundo multilateral e manter a calquera prezo o dominio (mesmo cun ataque masivo de Kiev ás repúblicas do Donbás?...).

Neste contexto de pouco vale que Moscova negase que estivese a preparar unha invasión, e que ademais deixasen claro que finalizados os exercicios en Bielorrusia e o sur da Federación, as tropas retornarían aos seus cuarteis. Tampouco serviu de moito que o Presidente da Ucraína pedise que se lle dese información que certificasen esta presunta agresión o día 16. Resulta evidente que detrás deste relato e escenificación, que aviva as chamas da confrontación, están os intereses de Washington. Na procura der vender máis armas, de substituír a Rusia no mercado do gas, de aumentar a dependencia dos países de Europa occidental, desviar a atención das contradicións internas, así como desacreditar á imaxe das potencias emerxentes e erguer muros ao avance dun mundo multipolar e institucións internacionais non sometidas a Estados Unidos.

O tremendo desta situación é que mentres todos os focos dos medios reproducen o movemento de tropas e como se alenta a confrontación, mesmo a costa da situación económica e social da Ucraína (e da rexión), esquécense feitos que son de suma gravidade. Por exemplo, de que Biden bloqueou os fondos do Banco Central de Afganistán no exterior, e que está sufrindo unha grave crise alimentaria e de falta da medicamentos esenciais. Que con Trump fíxose outro tanto cos investimentos venezolanos en Estados Unidos. Ou a apropiación dos ingresos pola venda do petróleo das zonas ocupadas ilegalmente polo seu exército en Siria. Non son accións que respecten o dereito internacional, que teñan en conta que estas medidas afectan ao conxunto da povoación.

Nunca é construtivo realizar valoracións en branco e negro, sen contemplar os grises. Vivimos nun mundo diverso e plural, a prepotencia, a soberbia e imposición (comezando por quen ten centos de bases en máis de 80 países), aumenta as contradicións, atenta contra a paz.


Xogando coa verdade

Te puede interesar