lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

A Vicente Couce Ferreira

Unome de corazón á vida, obra e loita obreira e humanitaria deste compañeiro de curso e de colaboración mutua en tantos momentos ben difíciles que a todo Ferrolterra e mesmo a toda España nos tocou vivir nesa traxectoria da Longa Noite de Pedra, como dixo o poeta. 
 

Fun o seu sucesor en Santa Mariña do Vilar e sei do seu grandísimo labor en cada casa e con cada persoa. E en todo Ferrol, dado que a súa relación era moi ampla por ser el do Ferrol de toda a súa vida.
Onte mesmo foron varias as persoas quen, ao teren a noticia, me chamaron chorando como unha forma de expresar a dó e a súa emoción agradecida. 
 

Porque Vicente na súa humanidade, discreción e humildade non só estivo entregado de cheo ao movemento obreiro, como tal, senón que desde os anciáns até os meniños e rapaces foron a súa preocupación de atención e achegamento. E, asemade, todos os pobres e empobrecidos, eivados e non valorados. Pero todo o facía en silencio e silandeiramente. E vaia se chegou e acertou na súa doazón e entrega total!. 
 

Por ser auténtico e coerente deu co se ser no cárcere de Zamora ao que o réxime deu en chamarlle “A Concordataria”. Acompañamos, no posível, aos seus pais xa velliños. 
 

Máis tarde, Elvira Souto Presedo e Xosé Lois Paredes Ríos poden testemuñar como se moveu naquel dez de agosto de 1975 cando a morte a tiros de Moncho Reboiras pola policía na “Calle” da Terra, como se lle dicía daquela. 
 

El primeiramente, coa axuda de Cuco Ruíz de Cortázar e outra xente, salváronos da morte, xogando a súa propia vida. O risco foi total. E sei ben do que estou a falar. 
 

Ben é merecente dunha rúa ou un monólito que perpetúe a súa memoria agradecida entre nós. Pode ser por Santa Mariña, tal vez incluso no mesmo Parque Xosé Chao Rego, onde ambos partillaron tanto tempo unha realidade común, cada un desde  ámbitos distintos,  pero confluíntes?
 

Gratitude inmensa, persoal e comunitaria, sen excepcións, amigo Vicente Couce Ferreira. 

A Vicente Couce Ferreira

Te puede interesar