Teoría da evolución

O xoves e venres da semana pasada presentou a 2 da TV un moi interesante reportaxe sobre a teoría da evolución relatado e moi documentado polo seu propio autor, o mundialmente famoso Sir David Frederick Attenborough (Londres 1926), científico e naturalista, especializado en estes temas relacionados coa vida.


Se non entendín mal, porque costa traballo asimilalo, segundo el a vida orixinouse no mar hai 500 millóns de anos en forma dun peixe diminuto. Ao longo de tanto tempo pasou por distintos estados ou períodos a saber: Anfibios, Réptiles, Dinosauros, Aves, Mamíferos e Vertebrados que é no que estamos actualmente, e ao que pertencemos os humanos. Afirma asemade que a evolución dos vertebrados aínda non chegou ao sen fin.


Falou dos seus estudos, sobre todo na China, onde, a través do descubrimento de fósiles con antigüidades de millóns de anos, foi establecendo as distintas etapas. Semella que China, a onde viaxou en distintas ocasións, é un dos países máis adiantados do mundo no que ás investigacións sobre a orixe da vida e a súa evolución, se refire.


Durante a súa interesante disertación, preguntábame eu, pregunta obrigada, onde situaba a Deus tan sabio e experimentado científico. A contestación déunola el mesmo ao declarar a súa condición de agnóstico, afirmando por riba que a súa teoría non nega per se a existencia dun ser supremo que o goberne todo.


No ano 2015 alerta, urbi et orbi, sobre o cambio climático e a contaminación advertindo que estamos, de seguir así, abocados a extinción, ao mesmo tempo que nun dos seus libros propón solucións e condicións, sine qua non, para evitala.


No transcorrer da súa dilatada vida, ten agora 95 anos, dedicada ao estudo, viaxes, investigación, escritura, libros e conferencias, sempre traballando, ata chegou a mercar e mesmo explotar unha granxa de vacún, recibiu infinidade de premios e distincións en todo o mundo. No noso país está en posesión do Príncipe de Asturias 2009 de Ciencias Sociales pola súa defensa da vida e do premio Fonseca 2010 da universidade de Santiago de Compostela polo seu papel pioneiro na difusión da vida salvaxe.


Estamos a falar dun home que, por riba da súa sabedoría e distincións, disque é modesto, dos bos e xenerosos, e dotado dun gran sentido do humor, calidades estas, comúns a toda a xente de verdadeira valía. Nestes intres está nomeado para o Premio Nobel de la Paz.

Teoría da evolución

Te puede interesar