Stefan Zweig

Hai un relato breve deste escritor austríaco, onde describe a súa viaxe a Alxeria e a súa relación cun camareiro mozo italiano analfabeto. O cal produce nel un fondo estupor, porque nunca coñecera a ninguén que non soubera ler. Seguramente, similar ao que sentín eu, cando me contaban a de xentes que mandan audios polo “WhatsApp” por estar na mesma situación.


E como poder imaxinar a situación dunha persoa que non sabe ler? Esta mesma pregunta que facíase Zweig ten plena vixencia se, ademais, a acompañamos por toda esa xeira de “analfabetos funcionais” que non entenden o que len ou, simplemente, desbotan os libros e toda a súa capacidade creativa e crítica que estes dan a cada lectora, a cada lector.


A virtude da lectura radica na necesidade de usar a nosa cabeza para entender e ver alén de nós mesmos. É un antídoto contra a manipulación. Fainos libres e, talvez, produce unha chaga na alma que obriga a seguir buscando máis e máis respostas. Imaxinan que asalten o seu fogar - como pasoulle a Zweig - para facer desaparecer os libros da súa biblioteca? Imaxinan un mundo sen libros? Pegados ás pantallas do nosos teléfonos móbiles, vendo ducias de vídeos curtos que só pretenden a nosa indolencia?

Stefan Zweig

Te puede interesar

Antonio Sanjuán
Manuel Cendán
Antonio Sanjuán
Manuel Cendán