Non vos rendades

Fai unhas semanas unha persoa ben letrada dicía nunha rede social, que as persoas que nos gusta pensar e mirar un pouco máis alo do inmediato, íamos ter que deixar de facelo, para que deste xeito os-as idiotas no se ofendesen. Porque estamos a vivir nunha sociedade, onde a idiotez e o postureo están gañando a batalla contra a intelixencia.

Cada vez son máis e máis numerosas, os- as idiotas que presumen de non pensar “eu non penso, eu actúo”, de non ler un libro e de usar a rede soamente, para o chabacanismo. Non é casual. Isto é produto do sistema económico dominante, ao que non lle gusta as cabezas pensantes, sobre todo si sacan a relucir publicamente en calquera espazo, as contradicións do sistema.

Por iso, desde sempre a dereita (hoxe en dia eu xa non discrimino entre dereita e esquerda dominante) e sobre todo a igrexa, nunca lles gustou a cultura. Lémbranse que sempre que puideron, dedicáronse a queima sistemática de libros, a súa ocultación e a prohibición da lectura de milleiros deles ao povo.

Porque é indubidábel cando un lee un libro, non me refiro claro esta aos best-sellers anglosaxóns, ábrense as portas a un novo mundo, a unha nova realidade, en definitiva, a un entendemento diferente das cousas.

Porque con certeza,un povo que lee, é un povo, que o poder non o pode manexar tan doadamente. Como dicía un sabio brasileiro actual “O poder non ten medo ao pobre que pide para comer;o poder ten medo ao pobre que pensa”.

Mais para loitar contra a estupidez, a clase traballadora ten un xeito moi doado e barato de combatela. Falo das bibliotecas e como non das súas traballadoras, que nestes días estannos a dar a todas, unha lección de dignidade neste Ferrol, manifestándose a diario, en prol dunhas condicións dignas de traballo.

Profesionais que o único que queren, é poder ofrecernos un servizo en condicións, o cal vai repercutir no interese noso e das nosas familias e que nestes momentos non poden, debido a que están a mínimos.

Xa para rematar, un non pode entender como unha función básica e de primeiro orden na nosa sociedade, pode estar tan esquecido, cando o lóxico sería potencialo, para que a nosa rapazada e non rapazada, teña nel un complemento indispensábel para a súa formación e educación. O lóxico sería, ir prantexándose como en outras cidades europeas, abrir esta prestación fins de semana e incluso venres e sábados a noite. Sería unha opción con certeza moi apetecíbel para moitas mozas.

Sr do PSOE ferrolán: Si Fátima Al-Fihri, primeira muller bibliotecaria gastou toda a herdanza do seu pai, para crear unha biblioteca e centros do coñecemento, entón porque non gastan vostede unha parte dos cartos do povo na nosa biblioteca, en vez de darllo a vulgares charlatáns.

Mentres tanto bibliotecarias, non vos rendades.

Non vos rendades

Te puede interesar