Non podemos esperar máis

informe da comisión da prestixiosa revista científica “The Lancet” do 1 de xuño do 2022 concluía, que cada ano morren de morte prematura pola contaminación ambiental, perto de 9 millóns de persoas, sendo esta, o principal risco ambiental do mundo, ademais de producir, unhas perdas económicas cifradas no 6.2% do PIB mundial( uns4.6 billóns de $). En dito informe postulase, que as mortes atribuídas a pobreza( contaminación do aire do fogar, a auga) reducíronse notoriamente, mais o aumento das mortes atribuídas a contaminación química, tóxica ou a do aire do ambiente, aumentaron exponencialmente. Segundo dito informe, este aumento esta a ser de un 7% ao ano desde 2015 e de un 66% desde principio deste século XXI, dándose os maiores efectos negativos quer en saúde poboacional quer en perdas económicas, nos países de ingresos medios e de baixos ingresos. O cambio climático, a perda de biodiversidade, xunto co problema acuciante do lixo, os cales, son as 3 patas do Kaos medio-ambiental que esta a sufrir o planeta, tamén están a influír. Desde sempre pensouse que a contaminación era un problema local, cicais nacional, mais desde fai anos estase a ver, que a contaminación é u problema planetario, que debe abordarse de xeito mundial, actuando directamente sobre os compostos que non se ven, ese lixo que botamos ao noso medio ambiente sen darnos de conta. O mesmo día o 1 de xuño do 2022 The Lancet publicaba outro informe, sobre os beneficios quer sanitarios quer económicos, da descarbonización do transporte urbano en PEKIN,  en base a cinco escenarios posíbeis desta descarbonización no marco 2020-2050. Os resultados mostran, que os cinco contextos debuxados no informe, avalan unha redución das emisións de PM2.5 e CO2. Fomentar o desprazamento activo, o uso do transporte público, a descarbonización dos vehículos, a mellora das infraestruturas de transporte público, traen consigo mellorías nas idades finais do ciclo da vida e a recuperación de certas doenzas entre outros beneficios. Cabe sinalar que en dito informes, a peor parte da contaminación, lévannas as persoas maiores e homes.


O informe mostra que o problema é a industrialización e o urbanismo non sustentábel. Por iso hoxe máis que nunca, o que fai falla, é eliminar aos responsábeis por exemplo: Da causa principal de morte de nenas e nenos de UE e EUA, da segunda fonte máis importante de contaminación na UE, de ser responsábel de unha das maiores causas de contaminación acústica e do aire e sobre todo, ser unha das causas mais importantes da separación entre ricos e pobres. Refírome como non ao transporte motorizado privado; ao carro particular. Estudos feitos en Cophenage demostran, que por cada Km que recorremos en bicicleta, a sociedade beneficiase en 0.64€, mentres que por cada Km que recorrese en carro particular, supón para o conxunto da sociedade, unha perda de 0.71€ ,si se ten en conta, os beneficios individuais como( a saúde física e mental, accidentes ,tráfico) e os beneficios sobre o medio ambiente( contaminación climática, acústica e atmosférica). E temos que ter claro, que a solución non pasa polo carro eléctrico, como queren facernos crer. Estes con levan o uso de Tm de minerais moitos deles dos chamados de terras raras de moi difícil e abrasiva extracción, seguen a contaminar con micro-plásticos e outros produtos, mentres se desprazan, ademais de que o 95% da enerxía que consumen, é para mover o seu propio peso. Enerxía esta, que tamén vai saír da invasión dos nos mellores espazos medioambientais, moitos deles únicos, en forma de grandes parques eólicos no caso da Galiza ou parques solares, no caso de determinadas zonas do estado español.


Estudos feitos por varias universidades europeas mostran, que debemos fomentar o uso da bicicleta, se queremos ter cidades humanizadas, cidades sostíbeis. A bicicleta é posiblemente, o mellor sistema de transporte nas cidades Un sistema que usa toda a enerxía que lle transmitimos coas nosas pernas en transportarnos. As bicicletas apenas ocupan espazo publico en comparación co carro particular, ademais de ser unha fonte de saúde quer física quer mental, para quen a utiliza normalmente para desprazarse.


Máis para que a bicicleta e outros medios de locomoción sustentábeis triunfen, debemos penalizar en tódolo posíbel o uso do carro. É fulcral que tomemos medidas como:


-Peonalizar os centros das cidades, so permitindo determinado tipo de trafico motorizado: transporte publico, carga-descarga, servizos sanitarios, policiais etcétera residentes.


-Carretaxe das traballadoras aos centros de traballo, con determinada número de plantilla.


-Prioridade do carril bus e ciclovía sobre o resto de carrís.


-Cobro de taxas por aparcar.


-Os novos barrios prohibición de aparcar na rúa.


-Barrios conectados cos centros das cidades a non máis de 15 minutos camiñando.


-Transporte publico acorde coa nova realidade que se quer implantar, no referente a: Liñas, frecuencias, horarios, calidade do autocarro, etcétera.


Por todo isto é fulcral que no concello de Ferrol, compre tomar as medidas necesarias, para empezar xa a ter unha mobilidade sostíbel medio ambientalmente e saudábel para a súa poboación. Non debemos esperar a que pasen dúas décadas máis, para poñernos mans a obra neste tema e temos que aproveitar o traballo feito fai anos en todo o que sexa posíbel, para promover o transporte colectivo e non motorizado nas súas rúas. Peonalizar o centro histórico, debe ser unha das prioridades do goberno actual e debe facerse con man firme e sen contemplacións, iso si, explicando as veces que sexa necesario a non veracidade dos posíbeis medos infundados de certos sectores da nosa sociedade, os cales, ao meu entender, responden máis a consignas políticas que a medos reais. O exemplo de Pontevedra debe ser exemplo para nós e debemos aproveitar en todo o que sexa posíbel, xa que Pontevedra e Ferrol son dúas realidades diferentes, debemos aproveitar repito, a súa experiencia e ben facer.


Vai sendo hora de que os nosos gobernantes respondan ao benestar das persoas e do planeta, en ver de favorecer os lucros de unhas elites económicas, as cales están a levar a vida no planeta, a súa destrución tal e como a coñecemos.


Este texto foi sacado:


Dous artigos da revista The Lancet Planetary Health do 1 de xuño do 2022 “Pollution and health: a progress update” e “Scenarios demographic distributional aspects of health co-benefits from descarbonising urban transport”


Da revista de divulgación periodística “ The Conversation” dos seus artigos “ os 12 mellores xeitos de retirar o carro das cidades” publicado o 2 de xuño do 2022  e do artigo “as cidades das bicicletas: de masa critica a estilo de vida” tamén publicado o 2 de xuño do 2022 

Non podemos esperar máis

Te puede interesar