Non aprendimos nada

Fai unhas semanas a ONU daba a nova de que perto de 6 millóns de persoas morreron no planeta por mor da Covid-19. Un días despois a prestixiosa revista científica The Lancet publicaba un artigo no que se dicía, que eses 6 millóns de mortas posibelmente houbese que multiplicalo por tres. Quer unha información quer a outra no que coinciden é, que a maioría das mortes déronse en persoas envellecidas e que unha parte importante delas, tiñan problemas vitais de primeiro orden.

Outra das leccións que sacamos en claro moitas de nós foi por exemplo, que os yankies so salvan a humanidade nas películas, polo que puidemos ver na súa nefasta xestión da pandemia. Máis con certeza que a crise do corona, crise que aínda no acabou e que con toda probabilidade vólvase endémica pola súa pésima xestión en todo o mundo desenvolvido, xa que, co desmantelamento dos nosos servizos sanitarios nos derradeiros 10 anos na Galiza, aquí tamén coceron fabas.

Un desmantelamento que fixo que tivésemos que confinarnos para que o sistema sanitario non petara, permítanme vostedes a expresión e que dous anos despois, os nosos dirixentes políticos non deberon aprender nada desta crúa lección

Porque o noso sistema económico segue coas mesmas de favorecer a concentración da riqueza nunhas poucas mans, o que esta a traer un aumento exponencial das desigualdades e un aumento inaguantábel da destrución dos nosos sistemas de benestar, entre eles, os da saúde pública. Unha concentración da riqueza, onde esta non se inverte na economía produtiva e ademais buscase pagar por ela, os menos impostos posíbeis, cando non, non pagar nada.

É certo que cada vez máis dentro dos chamados novos ricos, falo dos novos ricos de empresas que están en un plano máis oculto, é dicir, non falo de Bezos, Zuckeberg nin Munsk ecétera, estas persoas que están no cumio da pirámide social deste sistema económico, predican de que os ricos deben pagar moitos máis impostos pola súa riqueza, xa que, isto xeraría unha menor desigualdade co cal, habería mais xente que puidese consumir. Maior consumo, en definitiva dos seus produtos, que saen dos seus recursos, que se transforman nas empresas nas que eles participan, que se distribúen a través dos medios nos que eles son accionistas e que se venden no mercado que eles dominan. É dicir pagar máis impostos, redistribuílos mellor, co cal, maior número de consumidores, o que suporía para eles, ser aínda máis ricos. Máis o resultado final sería, unha maior depredación do planeta.

Entón a pregunta que eu me fago é: Sabendo isto, non estará a piques de rematar ou xa rematada a sociedade de consumo para a maioría da poboación que representan o 20% da humanidade?

Non aprendimos nada

Te puede interesar