Negocios de ricos, negocios de pillos

segundo o Programa das Nacións Unidas para o medio ambiente(PNUMA), a contaminación por plástico no planeta, debe ser considerada unha crise mundial. Perto de 7 mil millóns dos 9200 millóns de toneladas de produción entre 1950 e 2017 convirtironse en residuos plásticos, dos cales, 3/4 partes foron depositados en vertedoiros ou pasaron a ser abandonados no medio natural. Créese segundo o documento titulado”De la contaminación a la solución:una evaluación global de la basura marina y la contaminación por plásticos” que o 85% do total do lixo mariño é plástico. Un dato: A produción de plástico no 2015, mandou a atmosfera perto das 2 gigatoneladas de CO2 e calculase que para o 2050, triplique esta cantidade segundo a ONU.

Compre sinalar tamén, que case uns 1700 millóns de hectáreas de terra produtiva, perto do 34% das terras agrícolas, están xa seriamente degradadas por acción humana. Segundo a ONU, o crecemento das cidades, que a pesar de ser so un 0.5% da superficie terrestre,está a contaminar recursos hídricos, afectar a terras de grande valor, xunto a carencia e contaminación de auga en diferentes partes do planeta, está a por en risco o desenvolvemento sostíbel, a seguridade alimentaria e a propia vida de perto 4 mil millóns de persoas, as cales, na súa gran maioría viven en zonas agrícolas.

Máis a pesar da seriedade deste problema o cal é unha das patas do traumatismo que sufrimos as habitantes do planeta co aparición da Covid-19 e o cambio total da vida que nos ocasiono a todas nós, parece que os nosos líderes mundiais, non están moi preocupados pola saúde do planeta como estamos a comprobar coa falta de medidas na COP26 ou por exemplo coa sinatura pola UE co Mercosur fai uns meses, de tratados comerciais, onde a deforestación da Amazonía ou a degradación e contaminación das terras e augas pola agricultura nesta rexión do planeta obviouse descaradamente.

Xa para rematar segundo People’s Vaccine Alliance (PVA), nun informe recollido polo portal de ciencia medica Medicalxpress, publicado este16 de novembro do 2021 Pzifer, BioNtech e Moderna van obter beneficios, si beneficios antes de impostos, de perto 35 mil millóns de $ este ano. É dicir; 1000$ por segundo, 65mil$ por minuto ou se o lector o prefire 93.5 millóns $ ao día, soamente coas vacinas da Covid-19.

E mentres estes fan o agosto coa convivencia da clase política que non traballa ao 100x100, nin para acabar co virus nin para descartar a aparición de novos virus, so un 2% do povo africano está vacinado. Vualá o gran negocio:que xurdan novas variantes máis agresivas co cal, novas doses, novas vacinas en definitiva: Obscenos beneficios para os de sempre.

“ No mundo soe chamarse habilidade a falla de vergoña” Cándido Nocedal.


Negocios de ricos, negocios de pillos

Te puede interesar