A min, isto da humanización das cidades, chéirame a corno queimado, facer beirarrúas amplas, con árbores, eliminando aparcamentos e mesmo peonalizando todo o centro urbano, paréceme moi ben, se o que se trata é de que veña xente de fora para mirar que bonito quedou. Pero coido que ten que haber una intención oculta nesta manía de orientar as compras da xente cara ás grandes superficies, pois iso é o que está a ocorrer. Hai pouco, alguén protestaba neste xornal porque as rúas da capital coruñesa ían quedar para uso exclusivo das fantasmas, porque sen aparcamentos non hai movemento, e pechan os negocios, e a xente vaise a onde poda aparcar e comprar. Quen se beneficia? A xente de casa non, o Concello perde xente e ingresos, e xa que logo, quen gaña? As grandes superficies e as “ventas on line”. Parece claro, non? Pois logo …