Miña negra sombra II

Algún tempo despois foi rehabilitado “por orde superior” e reposto como funcionario. Parecía que se abría un pequeno claro nas escuras nubes, pero non. “Cando penso que te fuches”... A sombra negra resistíase a marchar, pois o Concello (os que mandaban) alegando que, o cargo que antes ocupara xa non existía, admitírono, pero sen emprego e soldo (!!), ata unha nova orde, que nunca chegou. Malia todo, houbo un período duns 12 anos, nos que a familia puido vivir sen sobresaltos nin sombras escuras. Aquilo só foi unha tregua, pois desafiuzados da nosa vella casa e habendo edificado o Concello unha barriada de vivendas sociais con préstamo do I. N. V. , meu pai decidiu solicitar unha daquelas vivendas que, malia levar máis da metade do seu xornal, foi a única solución para atopar unha vivenda adoitada ás nosas necesidades. Como non había moitos solicitantes, concedéronlle a casa e así, “Cando maxino que es ida” voltamos caer baixo a nosa ´Negra Sombra. En 1949 entregáronlle a casa a meu pai, tras a firma dun contrato que recollía varias condicións entre elas, a presentación dun fiador e dúas testemuñas.

Miña negra sombra II

Te puede interesar