Investimentos esenciais para saír da crise (sistémica)

A esta altura resulta evidente, tendo en conta a superficialidade co que se trata o tema, que os fondos da UE vanse adicar a impulsar grandes proxectos corporativos para que se manteña no posíbel o proceso de centralización e concentración da economía e do poder, aproveitando a necesidade imperiosa de descarbonizar a actividade produtiva e avanzar na dixitalización. Un sistema económico e social cuestionado polo medre da desigualdade e das grandes fortunas, a desfeita climática, especulación financeira, o militarismo e confrontación entre potencias...

Agora ben, senón se modifica este guión, e nos proxectos subvencionados no esencial só se teñen en conta ás grandes empresas, a nación galega terá cada día un papel máis subordinado na cadea de valor. Será así tanto no eido da economía, como no da cultura e lingua, e por suposto na incidencia política no ámbito do Estado español, da Unión Europea e internacional. Polo que, tanto á clase traballadora galega, como aos autónomos, e tamén á pequena e mediana empresa, interésalles que estes fondos europeos permitan consolidar as empresas do país, completar o proceso produtivo na Galiza, e tamén nas zonas fronteirizas (Portugal, Asturias, León, Zamora). Potenciaríase o crecemento económico e o emprego de calidade, e reduciríase a mobilidade e os efectos exteriores das crises económicas, climáticas, políticas, sanitarias, etc.

Neste senso coido que son de interese as propostas que presentou o BNG para debater no Parlamento galego, como a: “creación dun complexo industrial para a transformación e segunda transformación de produtos derivados, e medidas transversais como o Plan para o fomento da actividade tecnolóxica e industrial -para fomentar novas actividades de alto valor engadido e intensivas en coñecemento dirixidas a aqueles sectores maduros como o téxtil, a alimentación ou o das TICs, co obxectivo de que o sector industrial supoña o 20% do PIB en 2023 e o 25% en 2030- (...) a creación en Ferrol dun Centro Tecnolóxico da construción naval de carácter estábel en colaboración con Navantia e a UDC e dun Centro para a I+D+i no almacenamento de enerxía nas Pontes...”.

Haberá no Parlamento galego sensibilidade no PP, dada a súa maioría na cámara, como para incorporar propostas da oposición? O debate permitirá que se socialice a información dos proxectos que avala a Xunta e o Governo central para a nación galega? Terase en conta que ademais das grandes cidades, e seus problemas, que non son poucos, existe na Galiza “interior” a urxencia de reverter o despovoamento?




Investimentos esenciais para saír da crise (sistémica)

Te puede interesar