Humanizar (III)

É evidente que non todos temos a mesma idea do significado do vocábulo Humanizar, máis aló do que diga o Diccionario Galego, pero o que si parece claro é que se debe entender como algo beneficioso para o ser humano en xeral. Mais sucede que o beneficio tamén pode ser cuestionado segundo as circunstancias de cada quen. Na nosa cidade temos varios exemplos de Humanización, que non contentan a todos e as veces, que non son aceptado pola inmensa maioría. É o caso da Praza de España, onde moi poucas persoas poden entender o emprego de varias toneladas de pedra de granito, nun espazo que debería ser canto máis  diáfano mellor. Persoalmente, son moi amigo da vexetación en xeral: árbores, arbustos e flores son elementos indispensables para adornar unha praza, pero na súa debida proporción, mais o exceso lévanos á conclusión de que “as árbores non nos deixan ver o bosque”, é dicir, a vexetación e os tremendos pelouros, non nos deixan ver a praza. Mágoa non si?

Humanizar (III)

Te puede interesar