Febre ferrolá

estamos a menos dun ano das próximas eleccións municipais e xa algúns non dan a vasto. Están empeñados en facer un relato moi torto: “os socialistas son mala xente e malos xestores e o alcalde Ángel Mato un pouquiño peor”... Pero, nesa tese ao líder da oposición en Ferrol, José Manuel Rey do Partido Popular, e aos outros dous grupos políticos fóiselles a man no último pleno de xuño.


Levar por diante un documento técnico como o do Plan de Mobilidade, suxeito a ser corrixido en calquera momento, non se entenden. E menos cando este é necesario para acceder a fondos europeos. Así que millón e medio de euros menos para Recimil e o Ensanche A. Outra máis: non haberá aparcadoiros a 39€ na Magdalena, cousa que outros tamén queren nunha hipotética reapertura do aparcadoiro do Inferniño. Unha cousa e facer oposición e outra xogar contra a cidade. En fin, vaia precampaña espéranos da “oposición”.

 

Febre ferrolá

Te puede interesar