Estado social y dignidad humana (y II)

|

Este 27 de decembro, o secretario xeral de nacións unidas, avisaba nun comunicado de prensa (Noticias ONU), que o mundo debía prepararse para novas pandemias, xa que, con seguridade aparecerían novos brotes infecciosos que como estamos a comprobar, cada vez son máis virulentos. Concluía que era fulcral, potenciar os sistemas sanitarios e organizar sistemas de loita mundiais máis efectivos, igualitarios e reais como por exemplo no tema das vacinas, para loitar contra estas futuras pandemias.

Sen embargo como estamos a constatar na loita na Galiza contra a Covid-19, as únicas medidas que estanse a tomar son as coercitivas e pola contra, o de reforzar a atención primaria e a sanidade en xeral o goberno do PP parece que non o ten nas súas cabeciñas.

Tamén cabe sinalar, que cando comenzou este golpe como foi a aparición da Covid-19, en un principio falouse de que chegara o momento de cambiar e reformular, todo o concernente co noso sistema de vida ,máis como estamos verificar, parece que isto tampouco esta nas cabeciñas dos grandes dirixentes mundiais.

Compre sinalar, que unha das patas deste sistema económico que esta instaurado no 99% do planeta, que debemos cambiar, é o tipo de comercio que usamos as cidadás no noso día a día. Explícome: É fulcral que nas cidades, que é onde habita perto do 60% da poboación mundial, poténciese o comercio local como xeito de conseguir as mercadorías do noso día a día. O pequeno comercio ten maiores vantaxes que mercar nas grandes superficies Vantaxes como:Sempre están perto de nós- xeran emprego local e de máis calidade- reducen a pegada ecolóxica- dan vida aos barrios- melloran e fornecen a economía da localidade- teñen mellor servizo as clientas- especialización no produto que ofertan. Segundo estudos de varias universidades dos EUA determinan, que por cada dólares gastado no comercio local, os diferentes poderes públicos inverten pero dos 3 dólares nesa localidade. Pola contra por cada dólares gastado nos grandes centros comerciais, os diferentes poderes públicos inverten escasamente 1$ e medio na localidade.

Uns días antes da noite boa, o BNG de Ferrol con Iván Rivas ao fronte, iniciaba unha vez máis, unha campaña reclamando por medio dunha visita ao mercado da Magdalena o apoio quer dos diferentes governos quer da cidadanía ao pequeno comercio, ao comercio de proximidade, ademais da necesidade de potenciar os negocios de barrio, como xeito de facer crecer, fornecer e asegurar a economía local.

Esperemos que os señores gobernantes quer do concello quer da Xunta, empecen de unha vez por todas a preocuparse polas súas cidadás, ademais de favorecer as xentes que con seu esforzo día a día, tamén crean riqueza de calidade,a cal en definitiva, é a que fai crecer e desenvolver o país.


Estado social y dignidad humana (y II)