Encher as prazas

Cando se aposta pola cidade tanto a cidadanía local, como a de toda a comarca, responden. Así podemos ver como calquera evento que se organice nestas datas ten unha moi boa acollida. Quizais sexa necesario romper vellas dinámicas no traballo político e asociativo. Comezando por “destacionalizar” as festas de San Ramón, que de algún xeito seguen a mesma estela de toda a vida.
 

Na cidade hai masa crítica suficiente como para organizar, no seu conxunto, eventos culturais, deportivos e musicais para, por exemplo, todo xullo e agosto. Reunións co tecido formal e “informal” e unha axeitada coordinación e planificación de actividades - en todos os barrios - é posible (o traballo constante dos veciños de Canido é un referente). Seguro que contaría co apoio da cidadanía de Ferrolterra, da hostalería e comercio locais. Somos a cidade da Ilustración, do camiño inglés, das meninas... somos a cidade do mar.

Encher as prazas

Te puede interesar