Do suma e segue

OPP segue na súa política de mantela e non emendala; esa estratexia suicida coa que pretende rivalizar con Vox en extremismos, aínda que iso lle coste perder a súa esencia e o seu espazo. Casado da unha volta de rosca máis e regresa a Bruxelas con novas denuncias ao Goberno español coa finalidade de que Europa corte os ingresos dos fondos de recuperación económica. Certamente non é algo que Casado faga por primeira vez. Non se coñece maior impericia e impostura contra os intereses de España e dos seus sectores económicos –dende aquela de Aznar e o do pedigüeño contra Felipe González– que as súas repetidas xiras de reproche e denuncia. Ademais, Casado sempre pinchou en oso e saíu trasquilado, deixando grandes anacos da súa credibilidade en cada unha desas operacións de acoso e derribo. Que Casado non é un político de altura é unha obviedade, pero que non saiba rodearse de equipos competentes que poidan medir as consecuencias das súas accións, iso si que é novidoso e ademais preocupante. Se o único que se lles ocorre é remedar ao ínclito Cristobal Montoro, e o seu deixa que España caia xa a levantaremos nós, chegan moitos anos tarde. Demasiadas cousas pasaron dende aquela e moitos acontecementos, pandemias, radicalizacións e cambios, que se algo nos ensinaron é que hai cousas que deberan ser patrimonio de todxs, entre elas a defensa urxente dos nosos sectores económicos e a urxencia de dispoñer de inxentes recursos para a recuperación dunha economía debilitada nestes anos. Facer dano ao teu pais non é de patriotas. Quizais Casado debera lembrar que quen non sabe coidar o seu xardín, non pode ser unha opción para coidar o de todxs.

A existencia precisa de realidade, non de memoria –dixo El– da tenrura cotiá e do pan de cada día. Acaso dende o asombro de sentirte se constrúe a vida...

Do suma e segue

Te puede interesar