Do drama e do esperpento

Puro teatro. Casado e os seus saben que meteron a pata e que cometeron un erro inconmensurable. Por iso queren agochar o lume con máis lume, e levan unha semana enteira sen saber controlar o incendio e ardendo sen cesar. Pasaron de dispor dunha oportunidade de ouro de desgastar ao goberno, fraguada por detrás e coa colaboración indispensable de dous traidores tristes e grises, a un fracaso de dimensións siderais. E ademais á vista de todo o público. A sociedade, na súa totalidade, comprobou que manipularon, enganaron e mentiron, e aínda así saíulles mal.

E todo grazas a ter entre os seus altos responsables, a un incompetente de manual que no momento de acadar a gloria, estaba celebrando a venda da pel do oso antes de cazalo. Son cousas que pasan e que deberan encaixar con deportividade. Pero lonxe diso, poñen en marcha a maquinaria do drama e do esperpento. Amparados nas mentiras que eles mesmos se montan, denunciaron, esixiron e patearon. E activaron, unha vez máis, a escenografía do dramatismo e da conxura astral, alimentada cada día con calquera nova ocorrencia que puidera seguir aportando máis drama. Ata que a realidade lles estoupa en plena cara. O informe dos Letrados da Cámara desmonta un a un os postulados excesivos de Casado e os seus.

Nin erro informático nin rabos de gaita, un simple erro humano producido, e reafirmado, por desatención, soberbia, indiferencia ou mera impericia do Deputado Casero. Da súa incompetencia saen amplamente beneficiados os traballadores deste país, porque ven melloradas notablemente as súas condicións laborais. Pero seguen insistindo no ridículo. E cando volvan fracasar, sempre lles quedara o recurso de utilizar novamente o do terrorismo etarra. Xa saben vostedes, coma sempre, suma e segue.


Unha dor conmovida nos define -dixo El- coma cidade misteriosa ou unha nostalxia cómplice. Habitamos no borde silencioso da ferida...

Do drama e do esperpento

Te puede interesar