Do correcto

A corrección é unha forma de vivir. Parte do principio de comprensión das obrigas e deberes, e marca sempre o Norte do comportamento público e privado. Debera ser máis rigoroso aínda, no campo do público, onde todo e todxs deberan pasar a proba do algodón. Hai quen se rasga as vestiduras porque o Goberno critique a fuxida de Ferrovial de España. Xustamente son aqueles que destacan, precisamente, pola defensa dos poderosos e dos seus intereses. Os mesmos que tantas veces votaron en contra das leis e das medidas para axudar á cidadanía ante esta crise brutal, E non perderon un minuto en atacar ao Goberno, denunciar unha (inexistente) inseguridade xurídica e aplaudir as medidas que anunciara a empresa. Nova aplicación do manido canto peor mellor; xa o dixera Rajoy con aquela claridade meridiana que lle caracterizaba. É certo que hai moitas maneiras de facer patria, pero tamén que hai moitos que entenden a patria como un espazo persoal e privado, onde defender o propio unicamente. Non son actitudes moralizantes nin exemplares senón todo o contrario. Pero non son as únicas. Tamén debera ser unha demostración do correcto, modificar unha Lei que resultou ter deficiencias técnicas, como a de Só si é Si. A corrupción é un estadio de degradación moral, que atenta directamente contra a sociedade, as institucións e a igualdade de oportunidades. E os corruptos deben ser expulsados inmediatamente das organizacións políticas e postos á disposición da xustiza. Os Socialistas aplicaron esa medida de maneira inmediata, o que resulta exemplarizante. Os populares aínda están enredados na Kitchen, na  alcaldesa de Marbella ou no ínclito Alberto Casero.  Pero tampouco é correcto xeneralizar e meter no mesmo saco do desprestixio, a sospeita e a maledicencia, a todxs xs que participan da vida política. Non só non sería xusto, senón que ademais é rotundamente falso.
 

Mirarte ten a perfección rotunda e abrigosa  dunha bóveda...

Do correcto

Te puede interesar