Os ditados da política

parece un circo. A vida é un circo que se move de país en país, dun lugar a outro agrandando o espectáculo itinerante para que a cidadanía se divirta, se ría e pague os billetes. E aí estamos, na civilización do espectáculo, na que -como di Mario Vargas Llosa- “o intelectual só interesa cando segue o xogo de moda, cando se converte nun bufón”. O deporte tamén é espectáculo, competición e espectáculo ao mesmo tempo, no que o deportista ou deportistas queren gañar diñeiro a montóns, máis do necesario e, algúns deles, moito máis do conveniente.

Non hai artista nin profesional que os iguale. Hai deportistas son ídolos, son a deidade para os homes cultos e para os ignorantes, para a xente de ben e para os chaláns, son divinos para os seus, aínda que sexan como sexan, correctos ou incorrectos nas formas, no pensar e no facer. Aí está o tenista Novak Dkojovic, coa súa raqueta, a súa idade e a súa cabeza, sendo protagonista dun espectáculo promovido por causa da peste mundial.

É así, o deporte separa, fomenta a guerra e crea conflitos entre os máis próximos, entre os barrios da mesma cidade, entre as cidades e os países, entre os homes e as mulleres de distintas afeccións, entre irmáns. Conflitos diplomáticos e enfrontamentos reais entre políticos, entre familiares, entre poderes e entre pobos. A onde vai parar tanta irracionalidade? Quen será capaz de seguir tanto circo?

Un amigo, Xoán Piñeiro, contaba un destes días o caso da chamada Guerra do Fútbol que obrigou a milleiros de desprazamentos e deixou miles de mortos naquel enfrontamento, de xuño de 1969, entre os veciños, El Salvador e Honduras, cando do tiro da pelota pasaron ao bombardeo para matar aos campesiños que reclamaban pan, sal e traballo.

Nestas guerras deportivas, e de interese para os que mandan e os que queren mandar, máis vale non entrar. A desobediencia é a actitude procedente para o pobo que quere deporte sen guerra, para todos aqueles que consideran que os da Coruña e os de Vigo xogan ben, tan ben como calquera dos equipos de Madrid ou de Barcelona. Unhas veces, mellor e outras, peor.

O deporte, a educación e a saúde son tres piares para sustentar o benestar social e deben estar sempre xuntos complementándose, axudándose, revalorizándose e, como di a Tía Manuela, “lonxe, moi lonxe, dos ditados da política, de modo especial, daquela que dirixen os que queren facer negocio con todo”.

Os ditados da política

Te puede interesar