Das vellas estratexias

Seguro que os grandes tratados da Política, os manuais de formación de Príncipes ou das artes da guerra que ao longo da historia se escribiron, dende Cicerón ata Maquiavelo, recollían xa estes principios de estratexia elemental. Consiste, basicamente, en tapar os éxitos do adversario mediante campañas de intoxicación e xerando un ruído de tal calibre, que faga pasar desapercibido os éxitos do goberno de turno. O tema é do menos, e se non o hai se inventa. 
 

Na Política española  as medidas que o Presidente Sánchez pon sobre a mesa para loitar contra a crise enerxética, a medida da excepción ibérica ou as novas leis sociais, funcionan, polo que son criticadas polo PP/Vox aquí pero apoiadas e copiadas para o conxunto da Unión Europea por grupos conservadores da mesma familia política que o PP, pero con maior criterio. E iso doe moitísimo. 
 

Ten unha axenda con importante presenza internacional e preside a Internacional Socialista. Ademais, aprobaron os Presupostos Xerais do Estado con moito apoio e de moitos grupos. Por se isto fora pouco, baixa a inflación por cuarto mes consecutivo e España ten a inflación máis baixa de toda a Unión. Á oposición non paran de darlle malas noticias. O desemprego baixa e a afiliación á Seguridade Social aumenta. O PP/Vox, xa de pura desesperación, discute ata os datos oficiais como se lle fora a vida niso. Por iso recorreron ás vellas estratexias, é dicir, converter o Congreso nun lugar de violencia verbal e de deshumanización, para que a cidadanía acabe fixándose na arbore e esqueza ver o bosque. De aí o retorno das referencias ao terrorismo, á república, o de antimonárquicos, filoetarras e comunistas. Cando vexan vostedes que isto sucede, saiban que aos grupos que a practican, as cousas vanlle mal. Rematadamente mal.
 

Vivir foi descubrirte. Aprender dos manuais as maneiras de amarte. Vivirte foi renderse ante a verdade que habita no silencio...

Das vellas estratexias

Te puede interesar