lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Das pequenas cousas

Avelocidade coa que todo sucede impón ritmos tan vertixinosos que todo desaparece aos poucos minutos de ter sucedido. O que puideramos catalogar coma grandes novas, caen do ranking das portadas nun tempo excesivamente breve. Como consecuencia da exposición aos impactos de tertulias, prensa amarela e diversos especialistas en manipulacións, calquera verdade acaba sendo crebada, burlada e desactivada ás primeiras de cambio. Todo o demais, independentemente da súa importancia, son coma burbullas efémeras que desaparecen ao tomar contacto coa realidade cotiá. Deixamos de escoitarnos nas pequenas cousas que constrúen as vidas.

Acabamos por perder as referencias do valor das rutinas. Deixamos en segundo plano as relacións cruzadas da convivencia, ou a seguridade dos criterios e das verdades que sabemos das nosas crenzas máis íntimas; incluso relativizamos a sorpresa de ver medrar en altura, capacidade e criterio aos nosos. Vivir está deseñado con miles de pequenas cousas que fan de nós seres felices. Pero caemos na tentación de buscar referencias e perseguir soños que, probablemente, durman en limbos distantes que nunca nos farían nin mellores nin máis felices. A verdade non habita en palacios inmensos, nin o importante está gardado nos cofres de tesouros agochados. Todo é a máis simple e máis sinxelo. Sobrevivimos a base de curiosidade, intelixencia e corazón, e non sabemos en que porcentaxe exactamente, actúa cada cousa. Sumamos experiencias e aprendizaxes, pero repartimos desigualmente a atención entre o virtual e o real, e sempre a realidade resulta desatendida. Estamos feitos das luces dos amenceres e das alturas dos bosques. Por iso sorprende que sucumbamos sen loita á perda da verdade, á manipulación dos sentimentos ou á degradación das regras de convivencia. Somos a inmensa suma das pequenas cousas. Aquelas que en verdade e realmente, importan.

O tempo sementou tristes silencios densos -dixo El- distancias que, indolentes e distraídas, difuminan a intensidade de carmín do teu sorriso...

Das pequenas cousas

Te puede interesar