Crónica de sete días

Case dúas semanas despois segue a escalada rusa en Ucrania, capitaneada por Vladimir Putin, un novo Hitler, secundado por Serguei Shoigu, ministro de defensa e Nikolai Patrushev secretario do Consello Federal de Seguridade. Grave perigo de guerra mundial coa sombra dunha conflagración nuclear con consecuencias catastróficas para a supervivencia do planeta terra. Protestas en todo o mundo e revoltas populares na propia Rusia con perdas diarias de miles de millóns de euros. Mortes, desprazamentos e éxodo de centos de miles de persoas aos países limítrofes que, por certo, están sendo ameazados por acoller refuxiados. O presidente Zelenski xa leva tres intentos de asasinato falidos. Está Putin nos seus cabais?. Xa é coñecido pola oposición no seu propio país como o ditador tolo. Acusado agora de non respectar o cese temporal das hostilidades , acordado para establecer corredores humanitarios. A economía polo chan co gas e o petróleo ruso, tan necesario en Europa, polas nubes e subindo. Solidariedade mundial en contra da invasión, con sancións sen conto. España retira Inditex, RTVE e a axencia EFE de Moscou. Xuntanzas a alto nivel esixindo o cese inmediato dos ataques a cidades indefensas, coa capital Kiew cercada e a central nuclear de Zaporiyia, a mais grande de Europa, ocupada polas forzas invasoras co perigo que isto supón. Ata cando vai durar esta loucura? Cal vai ser o custo desta desfeita en vidas humanas e na economía, que está poñendo en perigo a paz mundial. E non falemos do risco real dunha guerra nuclear. Unha vez superada esta crise, que sen dúbida será superada, faise necesario e urxente tomar boa nota das súas consecuencias e coas leccións aprendidas, chegar por parte da Comunidade de Nacións, a unha nova orde mundial onde situacións como a que estamos a vivir non se volvan a repetir. Entre outras cousas, poñer os medios necesarios para evitar que un novo iluminado poda ameazar a estabilidade mundial. Fagámolo xa polos nosos descendentes.

Luns . Bombas sobre a poboación civil en Odessa. Kiev resiste. Corredores. Mensaxe moi dura de Zerenski, ameazando con vinganzas sen límite. China inicia mediacións entre Ucrania e Rusia.

Martes. Fuxida desesperada dos ucraínos. Preto de 2 millóns xa abandonaron o país, a maioría mulleres e nenos. Os homes na guerra. Ucrania denuncia a Rusia por xenocidio ante a Corte Penal Internacional. Está Putin cometendo crimes de guerra? Barricadas en Odesa ante o inminente ataque ruso. Limitacións na compra de gas ruso.

Mércores. Consecuencias das sancións en EEUU e en España. Maduro cambia o seu discurso e acercase a USA ofrecendo o seu gas como alternativa ao ruso. Pode a UE vetar o gas ruso como fixeron os EEUU e o Reino Unido.? Familias rotas con mulleres, nenos e discapacitados entre os máis afectados. Subida de prezos. Risco de fugas en Chernobil. A intención de Putin é arrasar Ucrania enteira. Bombardeo dun hospital infantil.

Xoves. Rusia estase empobrecendo a un ritmo maior que Europa. Josep Borrel aconsella reducir o consumo de gas e a unidade dos grupos políticos. A sombra da terceira guerra mundial segue pesando sobre o mundo. Que é o que pretende Putin?

Venres. Inflación 7.6%. Máximo do IPC en varias décadas. Prezos de gasolina e gas en máximos históricos. Empezase a falar do fin da guerra dando a Vladimir Putin como vencedor. El saberá se as ganancias compensan as multimillonarias perdas.

Sábado. A guerra, cada vez máis preto de Polonia. Biden advirte que unha confrontación entre Rusia e a OTAN, significaría a terceira guerra mundial. China próxima a Moscou.



Vladimir Putin:

-Idade 68 anos

-Licenciado en Dereito con honores na Universidade Estatal de Leningrado.

-Presidente desde 1999 ata 2008. Dende 2012, vinte anos seguidos no cargo.

-Casado e con dúas fillas.

-Relixión, oficialmente Ortodoxo ruso.


Crónica de sete días

Te puede interesar