Apoio a Israel ola porta traseira

Émoi grave que algúns dos países decidiran deixar de financiar o programa UNRWA, que beneficia a uns cinco millóns de palestinos/as que viven en distintos lugares de Oriente Próximo, especialmente na Cisxordania e a Franxa de Gaza. Esta decisión coloca aos habitantes desta última, sobre 2.300.000 persoas, nunha situación extrema, xa que esta axencia das Nacións Unidas cumpre un papel esencial na axuda humanitaria, máxime nunha cidade que está sendo bombardeada acotío  desde o 7 de outubro do ano pasado polo exército israelí, causando a desfeita de todo tipo de infraestruturas, tamén escolas, hospitais, e mesmo centros das Nacións Unidas. Os 26 mil civís mortos polos bombardeos e máis de 60 mil feridos son un exemplo da gravidade da situación, non só para que a povoación poda sobrevivir hoxe, senón que cuestiona que podan facelo no futuro se non hai paz, e un plano de reconstrución e importantes investimentos con apoio internacional.  Chama a atención que os países que retiraron a sua achega porque unhas poucas persoas, das 13.000 que traballan para a axencia en Gaza, foron acusadas por Israel de estar ligadas a Hamás e implicadas nos ataques do pasado 7 de outubro nos que foron asasinados uns 1.200 israelís. Un acto terrorista, mais que non xustifica a matanza indiscriminada da povoación palestina na Franxa de Gaza, tampouco en Cisxordania aínda que sexa en menor proporción.  As nacións que tomaron esta decisión foron: Estados Unidos, Canadá, Alemaña, Italia, Reino Unido, Francia, Países baixos, Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania, Australia e Xapón. Chama a atención de que se trate dunha gran parte do que se chama “occidente”, aliados de Israel e sobre todo de Washington, e que todos eles lle venderan armas a este país mediterráneo.


Dá que pensar que a iniciativa coincida no tempo coa decisión do Tribunal Internacional de Xustiza esixindo a Israel que tome medidas para evitar o xenocidio de palestinos/as en Gaza. Unha postura máis que morna por parte desta entidade tendo en conta a gravidade do xa acontecido, dos mortos, da destrución... Mais nen isto aceptou Netanyaju.


Unha decisión que deixa en evidencia o dobre discurso e a actitude real de “occidente” respecto do conflito israelí-palestino. Xa que, coa escusa de derrotar a Hamás, permiten o bombardeo masivo de civís e ademais agora colaboran coas tropas de ocupación restando medios de primeira necesidade aos palestinos/as, neste caso subministrados por unha axencia das Nacións Unidas. Preocupante. Ulo o exemplo da UE, a paz, a solidariedade? 

Apoio a Israel ola porta traseira

Te puede interesar