Afastamento dos governos e o povo en “occidente”

Se Rusia foran os Estados Unidos ou algún dos seus países aliados as declaracións de Macron abrindo a porta a unha intervención directa de tropas de países da Europa occidental na guerra da Ucraína serían impensábeis. Ademais de autoritarias, xa que non foron debatidas previamente no parlamento. Semella que esta ameaza ten a finalidade de distraer a atención do povo francés en relación coa crise económica, causada en boa medida polas sancións a Rusia; ou incidir nas eleccións presidenciais na Federación Rusa evitando a continuidade de Putin. Se fose este último o obxectivo sería difícil de logralo porque en xaneiro un 85% da povoación aprobaba a sua xestión e ademais este último mes houbo numerosos avances rusos na fronte da guerra.  


En todo caso non parecen estas declaracións a mellor vía para a paz, máxime cando se argumenta o envío de tropas de países da OTAN coa finalidade de garantir unha derrota do exército ruso. Unha decisión de tal envergadura perigosa, mesmo suicida, polo que implicaría, lembremos que Rusia é a maior potencia nuclear, o a segunda, un matiz que a efectos prácticos carece de relevancia. En calquera caso significaría colocar ao mundo ao borde da destrución parcial ou total. Unha decisión que o Moscova sinalou como unha declaración de guerra por parte da OTAN. Daquela que o propio secretario xeneral deste organización, Jens Stoltenberg, fixese axiña unha declaración aclaratoria respecto de que non se estaba considerando unha iniciativa deste tipo. Resulta evidente que Rusia vai gañar a guerra contra a Ucraína+OTAN, e que canto máis tempo dure maior será o territorio controlado pola Federación e máis grande o número de mortos e persoas que queden eivadas, a destrución de infraestruturas, especialmente nas zonas de combate, ou sexa, na Ucraína.


Estas son as previsións que cada vez teñen máis forza mesmo nas análises que fan os medios de comunicación sistémicos de Estados Unidos e dalgúns países europeos. Todo indica que a continuidade do conflito armado utilizase en “occidente” como escusa para alentar o armamentismo e o autoritarismo. O que vai en prexuízo do gasto en servizos e prestacións públicas esenciais e das liberdades democratizas básicas (como as de opinión). 


Tamén implica maiores contradicións de clase e entre os territorios, e o aumento da conflitividade social, das protestas do agro, son un exemplo. As declaracións de Macron, que este tema se trátase nunha reunión de seica 20 países, deixan en evidencia o grao de afastamento que existe entre os governantes e o povo en “occidente”.

Afastamento dos governos e o povo en “occidente”

Te puede interesar