Un adoquín en cada man

Fai uns días coñecíase a sentencia que condenaba ao líder sindical da C.I.G durante moitos anos na comarca Xesús Anxo López Pintos, a cal, vai facer que este poida entrar en prisión. A sentencia ditamina, que Pintos agrediu a un policía. O que esta escribir este artigo, dubida moito coñecendo a Pintos, que isto sexa verdade. Mais para quen poida pensar que isto foi asi, eu fago a seguinte pregunta: Alguén veu a agresión ao axente? Alguén veu as feridas do axente?. Eu por ningures. Mais o que si vin, foi a Pintos arrastrado polos anti-disturbios, xa que da malleira que levou, non podía andar. Como vin tamén a fronte de Pintos, con unha ferida pola cal, brotaba a sangue a borbotóns. Vino eu e o vimos todas na prensa.

Máis todo isto que esta a pasar, demóstranos o deficiente sistema democrático que hai no estado español. Un sistema que condena sindicalistas a cadea, músicos por cantar determinadas letras contra o sistema, actores de teatro por facer xogos de palabras, políticos por pór urnas e pedir que a xente vote etcétera.

É dicir, no estado español a xente honrada, ten moitas posibilidades se ten militancia de esquerdas, de acabar entre os barrotes da cadea, mentres os delincuentes paséanse impunemente polas rúas dos nosos barrios.

Mais isto ao final tamén esta a pasar noutros países desde fai tempo. É a defensa do sistema neoliberal, ante as protestas pacificas, quer rebentando estas infiltrando profesionais para que monten bronca e asi culpabilizálas quer acusando en falso, exemplo terrible disto, o que estalle a pasar a Julian Assange ou localmente ao compañeiro Pintos.

Porque o que esta a intentando o sistema, é perpetuarse no tempo e na historia e para iso esta disposto a acalar as voces criticas do xeito que sexa necesario, sen importarlle nada e sen ter miramentos, ademais de ser un claro mensaxe de amedrantamento para a contestación social. Fíxoo sempre. Non é de agora. O poder esta continuamente re-inventándose, para non perder a poltrona desde a cal dominar o planeta

Fai uns meses un político local dicíame, que era impensable, que era unha ilusión pensar que podiamos tumbar ao capitalismo.

E ten razón. A dia de hoxe, é un sono pensar que as masas de traballadoras vanse levantar e tirar o actual sistema económico. E isto é un serio problema, xa que por desgraza, o sistema económico vaise destruír por el mesmo como estamos a comprobar e na súa caída, vainos levar a todas nós, a milleiros de outras especies e a propia vida no planeta tal como coñecémola.

Máis mentres tanto, hai que ir pensando chegado o momento, en nosos amigos os adoquines, para facer ver ao poder, que non toleramos inxustizas como é, que un defensor valente e honrado das traballadoras entre en prisión, por exixir dignidade para o proletariado.


Un adoquín en cada man

Te puede interesar