10 de marzo 72: Detienen al delegado de Cáritas diocesanas António Martínez Aneiros (I)

 d e los sacerdotes que defendían las ideas del Vaticano II La Brigada Político Social (BPS) llegó a la conclusión de que: “Hay que acabar con la actividad del clero si se quiere acabar con el Partido Comunista. Cómo se puede apreciar continúa la ayuda a los parados de Megasa, por parte del binomio clero filomarxista y PC, por intermedio de las CCOO apoyados en la inmunidad de las iglesias... Mientras no se logre acabar con la actividad del clero en Ferrol, que pertenece en su mayoría al movimiento clandestino de comunidades de Bases(?) no se logrará realizar una labor eficaz en la desarticulación del PC, que por sí solo, poco tiene que hacer, ya que el peso principal recae en el clero por su mayor preparación cultural y por la libertad con que actúa debido a su condición eclesiástica”.

Aneiros desde 1969 era Delegado de Cáritas y párroco de San Pablo, había reunido un equipo con jóvenes trabajadores de diferentes ideologías. Pertenecía al grupo formado por los sacerdotes Pepe Chao, Vicente Couce, Gabriel V. Seijas, Cuco Rúiz de Cortazar, Anxo F. Currás, ese día iba a las cuatro de la tarde a encontrarse con un grupo de gitanos que estaban realizando un curso del PPO: “De súpeto atópome diante de min con dous vehículos cruzados que me impedían o paso realizando sinais de alarma coas luces, o que me obrigou a parar. Coma movidos por un resorte, saíron catro uniformados, abriron a porta do meu coche, agarráronme e puxéronme as esposas. Logo, empúrranme a entrar nun dos seus vehículos. Xa dentro, proceden a cachearme metendo as súas mans no meu peto para encontrar a documentación persoal. Ao terme identificado, comunícano por radio á instancia de mando, da que reciben a orde de levarme de contado ao cuartel. Metéronme nunha habitación. De seguido, recibo a orde de que baleirara os petos. Ademais de algúns efectos, tiña comigo tres escritos: Un resume dos feitos ocorridos os días 9 e 10, a homilía no soterramento de Amador e Daniel e o texto da homilía colectiva, lida nas parroquias de Ferrol o domingo anterior. Permanecían custodiándome dous axentes da brigada móbil, máis un cabo que xa se encontraba alí cando entrei. Neste intre aparece un capitán que chegara expresamente de A Coruña, quen de seguido me saudou dicíndome, “¿ Cree en Dios”?. Eu resposteille que si. Logo engadiu ¿”Es el hombre de confianza del hijo de puta de su obispo?. Non respondín. Continuou con unha restra de insultos contra os cregos, en xeral: “Hijos de puta, farsantes, comunistas, les pedís dinero a la gente para después gastarlo en putas, le mentís a Dios y al pueblo“. “¿Cuántos curas comunistas conoce?” Ningún, respondín. “Ja, ja, ja, mofóuse, “dirá que no conoce ninguno que no lo sea”... púxome de novo as esposas e sacoume á porta do cuartel . Eu non sabía a onde me querían levar e asusteime un pouco, porque xa non era o primeiro caso no que foran a algún lugar sen testemuñas, onde todo estaría permitido para lograr os seus propósitos. Finalmente chegaron comigo á comisaría, directamente á 3ª planta, un oficial díxolles aos que me custodiaban, “vosotros permaneced aquí hasta que ese cante”. Ás oito baixáronme á prevención e permanecín toda a noite sentado nun banco. Pola mañá, arredor das 9, chegou un inspector buscarme para comezar o interrogatorio que durou ata as 13´30. Para o primeiro tempo, elixiron frases entresacadas da homilía: “Todo esto es una falsedad bien preparada para dejar quedar mal a la policía”. Respondín que a policía non era a responsable do que pasara en Ferrol nesas datas senón servidores dos responsables, polo tanto non era como dicían eles, nin tampouco o que pretendían os escritos preparados por nós. ¿Cuál entonces, si aquí aparece claro? Estaban presentes catro inspectores e enfurecéronse con isto. Logo, metéronse a preguntar como tivera eu coñecemento dos feitos que ocorreran dentro de Bazán. Díxenlles que foran traballadores da factoría os que me comentaron o que sucedera… “¿Qué hizo cuando supo esto? Só lamentar que se chegara a esa situación. “Por qué se lo contaron?”. O que estaba pasando en Ferrol era coñecido en toda a comarca, díxenlles. “Nos referimos a que a Vd le consultaban que era lo que debían hacer”. Non é certo iso, nin necesitaban facelo. Os obreiros tiñan preparación, organización e vontade de defender os seus dereitos “Ah no?” “Por qué, entonces, celebraban reuniones de CCOO en su iglesia? (si es que puede llamarse iglesia a ese lugar)“. Non é certo que se fixeran xuntanzas dese carácter na igrexa. “Tenemos conocimiento de que fue uno de los principales organizadores del paro producido el jueves”. Non é certo. A isto seguiu unha restra de insultos: Farsante, mentireiro, axitador, comunista. “Está engañando a la gente ignorante que le va a escuchar”. “Está engañando al pueblo bajo con apariencia de que le ayuda. Luego los empuja a que se maten unos a otros cuando les dice que deben enfrentarse a la policía. Porque seguimos todos sus pasos y sabemos por donde anda y lo que hace”. Volveron mirar para os escritos: “Ja,ja,ja…que no se pierda el fruto de esta sangre”. “¿Qué quiere decir la frasecita?” Eles mesmos se responderon, “que no cesara la violencia, que continuaran en sus posturas de enfretamiento con la policía”. Non respostei ren. “Vamos, hable si no quiere que recurramos a otros métodos”. Díxenlles que precisaran as preguntas e que así podían recoller o que ía declarando. Comezaron preguntando se eu coñecía a Pillado. Si, díxenlles, e tamén teño falado con el. “¿De que?”, dixeron, Non me lembro, pero do normal na vida. “¿En donde habló con el?” Na rúa, “¿Quién se lo presentó?” Ninguén. “¿Es amigo suyo?” Coñecido, mellor. “¿Sabe donde vive?” Si. “Estuvo en su casa?” Non. Cando quixeron saber se o informe dos feitos ocorridos (que eles denominaban panfleto) o fixera eu só, reposteilles que non, que era obra da directiva de Caritas, na que eu era só delegado do bispo, e que o informe estaba destinado aos boletíns informativos da JOC e da HOAC, ademais de ao bispo, que chegaba nese intre da xuntanza da C. Episcopal en Madrid. Interesáronse logo en saber quen compoñía a directiva de Caritas. Manifesteilles que iso era público, que saíra na prensa. “Este panfleto constituye un delicto de propaganda ilegal”. Non se trata de propaganda, díxenlles, polo tanto non é ilegal e menos delito. “Hay cosas que cree que non se le saben, pero aquí está todo”. Calei. “ Dirigió unas reuniones celebradas en Masma y en Ribadeo.” Asistín coma outros moitos. “En la Asamblea hizo una proposición para adherirse a Vicente Couce, preso en la cárcel de Zamora”. Eu non asistín a esa asemblea diocesana que preparaba a Conxunta. “En una comida celebrada con el obispo se tomó este acuerdo y estaba en esa comida”. Estaba na comida pero non se falou diso. “dirigió la operación sínodo para oponerse al sínodo de Roma”. Non, recibín de Bélxica información relacionada co tema pero non existiu en Ferrol ningún grupo informativo. “¿No me dirá que los cuestionarios que pone a las señoritas del instituto no dejan mucho que desear?” Que presenten aquí un caderno para ser examinado e ver en que resulta sospeitoso. Sobre as doce sentinme desfalecer. Eles notáronmo e preguntáronme se quería que podiamos descansar un pouco. Dixen que non, pero que deixaran xa de torturarme, que foran directamente ao que buscaban para rematar, do contrario que me negaría a responder.

Comezou entón a etapa suave, o segundo tempo: “Claro, Vd dice que estas acciones no son comunistas porque cree que el primer comunista fue Cristo”. Creo que algo parecido a iso se pode dicir e sentir. “Pues yo entiendo que lo fundamental del comunismo es el ateismo, por eso nunca podrá compaginarse el comunismo con el cristianismo”. Non lin moito, engadín, sobre as bases do comunismo marxista, pero o fundamental do mesmo non está precisamente no ateismo senón no reparto equitativo dos bens económicos. ¿“En que entonces, en que todos seamos iguales, no?” “Eso fue, es y será siempre imposible”. “Porque sabe que en otros paises también existen diferencias, desigualdades, que no todos son iguales…“ Sí, e tamén o denunciei en moitas ocasións. “¿Qué doctrina política le parece la mejor? ¿El socialismo cristiano?. Pero ¿Cómo se consigue eso?”. Polo camiño que levan aquí dende logo non.

Nestes intres, xa foran unha ducia de inspectores os que, dun xeito ou doutro, me estiveran interrogando (...). Porque o máis sutil da tortura psicolóxica no se pode retratar con palabras. Quen pasou por ela (desde o ambiente no que eu me desenvolvía e sen máis preparación) convirá comigo nisto. (…). Entrou logo o que dicían que era o xefe do grupo especial, que chegara de Madrid (...) Desapareceron todos coma se os cubrira a noite, quedando el só comigo. “Vamos a ver si ordenamos los hechos y su intervención en los mismos ¿ Está dispuesto?”. Estou. “¿Pertenece Vd a algún partido político?. Non. “¿Cómo se explica entonces que se vea mezclado en todos los conflicto promovidos por los obreros?”. Débese aos meus convencementos de cristián e a miña responsabilidade como delegado de Caritas. “¿Conoce Vd ETA?”. Só polo que leo nos xornáis. “¿Vd cree que el problema de Bazán es exclusivamente laboral?”. SÍ. “¿Vd piensa que en este problema no tuvo una intervención directa el partido comunista.?”. Non o sei. “¿Vd orientó a algunas personas de Bazán de cómo convenía hacer o dejar de hacer, desde que comenzaron los paros o antes de empezar?” Nin se me pediu nin o fixen. “Si se lo pidieran lo haría?” Non o sei, tería que verme no caso. [Pasado un tiempo lo bajan a prevención, le preguntaron si quería hacer un pequeño historal de los hechos, uno se puso a la máquina]; Asistir ás víctimas dos disparos da policía que chegaban feridos aos sanatorios de S. Xavier e do Carme o venres pola mañá, as xestións diante do xuiz para trasladar o cadáver de Amador ao depósito do cemiterio de Catabois. Xuntanza de algúns –poucos- cregos ás dezasete horas na Domus Ecclesiae co Vicario xeral, dada a ausencia do Bispo, Xunta da directiva de Caritas ás vinte horas. Oración, de noite no cemiterio, co grupiño de persoas que acompañaban o cadáver de Amador. O sábado, enterro de Amador e funeral ás dez horas. Xestións diante do xuiz para o enterro de Daniel. Enterro de Daniel ás dezasete horas e o funeral, -no que estivera presente precisamente o mesmo inspector que me estaba interrogando-. Xuntanza ás vinte na Domus co Bispo que chegara esa tarde de Madrid e na que concretamos os puntos para preparar a homilía (chamada colectiva) lida o domingo nalgunhas igrexas de Ferrol….. “¿Declara Vd que no ha sido organizador, en todo o en parte, de los hechos que han llevado a los obreros al enfretamineto con los fuerzas del orden?” Declaro que non fun organizador. (Como aclaración, a día de hoxe, dicir, que a homilía colectiva, artellada por un pequeno grupo de cregos na Domus e que o Bispo tamén fixo súa, fómola acabar de redactar e imprimir a media noite na multicopista que tiñamos en Cáritas). Rematado a declaración, algo que xustificase para eles o seu traballo, ás dezanove trinta fun levado diante o xuiz, esposado, que decretou a miña liberdade.

[Dos días después] Chamaron de novo á porta entraron dous inspectores dicíndome que debía acompañalos á comisaría porque quedaran pendentes unhas cuestións. Pretendín chamar por teléfono ao Bispo pero dixéronme que en todo caso podía facelo desde a mesma comisaría. Cando chegamos, metéronme en prevención de novo. Como me encontraba sen ter descansado e co sistema nervioso alterado por tódalas peripecias pasadas, o decaemento foi pouco a pouco apoderándose de min ata facerme insoportables as dores de cabeza que sentía. Tomei un calmante (sempre levaba algún no peto) e como a cousa non melloraba, ás doce tomei outro. Máis tarde pedín para falar co Bispo e tamén que me vise un médico. Alá polas dúas subíronme a onde se encontraba o médico, Rey Romalde, preguntou quen me trataba e díxenlle que era o doutor Goas Chao, contestando él que era mellor avisalo. Non tardou máis de media hora en presentarse Goas, ordenando o meu ingreso no hospital. Recolleume unha ambulancia que me levou ao centro hospitalario. Eu sentíame bastante mal. Alí estaba vixiado por dous policías uniformados que tiñan orde de que non pasara ninguén a verme. Sobre as nove da tarde, dixeron de comisaría que podía pasar o Bispo e o vicario e meus pais... o día seguinte ás dezaseis horas chegaron dous inspectores: “parece que ya le dieron el alta, vístase y acompáñenos... Alí estaba un cabo da policía ... foi quen fixo correr o bulo de que eu me quixera suicidar con barbitúricos, incluso mo dixo el a min mesmo ... subíronme á oficina de pasaportes chegaron co papel da sanción, 250.000 pts. Pedín para falar co Bispo e non mo permitiron, co vicario e tampouco.

Quizá sexa aquí onde convén deixar reflexado que un crego do OPUS foi ata a Domus Ecclesiae para aclarar as cousas, segundo el: ‘Que eu non estaba preso’ (era certo porque ía camiño do cárcel), ‘que Pepe Sobrino –médico- me vaciara o estámago porque estaba intoxicado’. Alguén se encargou de facelo calar dicíndolle que metera a lingua no peto.

Sobre as seis da tarde ... metéronme no coche celular da garda civil con outros dous traballadores de Bazán (Romero e Montero) e marchamos cara o cárcere da Coruña. No camiño ... entroume un mareo insoportable e abríame a vómitos. Pararon o coche, e baixei para tomar un pouco o aire. Outro pouco máis adiante, voltaron a parar, e un dos gardas foi a un bar buscarme unha manzanilla. Sentoume ben e chegamos á prisión sen máis mareos. Na entrada rexistráronnos enteira e completamente. Deixamos alí chaves, diñeiro, papeis, et. Pasamos a dentro e metéronnos aos tres nunha cela para pasar o período regulamentario de tres días incomunicados. Puiden durmir algo aquela noite. Serviume de moito a compañía dos outros dous compañeiros que ían comigo”.

En la cárcel estuvo hasta el día 30 que lo trasladaron al convento de Sobrado de los Monjes, desde el día 25 compartió celda con el párroco de San Juan, Anxo F. Currás.

Rosa Cal




10 de marzo 72: Detienen al delegado de Cáritas diocesanas António Martínez Aneiros (I)

Te puede interesar