A vida oculta do popularmente coñecido como Cid Campeador chega da man de Francisco Narla a Neda

O autor visitará a biblioteca muncipal este venres
A vida oculta do popularmente coñecido como Cid Campeador chega da man de Francisco Narla a Neda
Francisco Narla firmando ejemplares en la presentación que realizó en octubre en la Central Librera de la calle Dolores | DANIEL ALEXANDRE

“O bo vasalo” ou “El buen vasallo”, xa que a obra foi editada nos dous idiomas, darase a coñecer mañá venres, ás 18.30 horas, na biblioteca municipal do concello de Neda cunha visita excepcional.

 

Trátase do escritor lucense Francisco Narla, que presentará a súa novela histórica que xira arredor da figura do Cid Campeador. A súa lenda superou ao personaxe, algo que pretende reverter este piloto e escritor, destapando tramas da súa vida real como a relación que tiña co seu misterioso fillo varón. Esta é a súa décima publicación, que vén despois de éxitos sonados como “Assur”, “Ronin” ou “Laín. El Bastardo”.

A vida oculta do popularmente coñecido como Cid Campeador chega da man de Francisco Narla a Neda

Te puede interesar