Esta fin de semana hai dobre festa en Caldoval, que remata coa actividade polo Día dos Museos

As propostas especiais do Centro de Interpretación diríxense ao público familiar
Esta fin de semana hai dobre festa en Caldoval, que remata coa actividade polo Día dos Museos
Unha das actividades especiais que ofrecen no Centro de Interpretación de Caldoval ademais das propostas fixas visitas guiadas como as visitas guiadas | JORGE MEIS

O Centro de Interpretación de Caldoval, en Mugardos, acolle este mesmo sábado a súa proposta polas Letras Galegas, que se dedican á poesía popular oral e ás cantareiras. Con este motivo, desenvolverase un obradoiro de cadernos de escritura da antiga Roma, en dúas quendas: ás 11.30 e ás 17.30.

 

A oferta cultural, que é de balde, segue mañá domingo nos mesmos horarios coa celebración do Día Internacional dos Museos, que se centrará en coñecer mellor a “palestra romana”, o patio onde os cidadáns se exercitaban antes de entrar aos baños que agora alberga o centro. O público familiar pode apuntarse polas redes, enviando un correo a info@museocaldoval.gal ou no 687 072 116.

Esta fin de semana hai dobre festa en Caldoval, que remata coa actividade polo Día dos Museos

Te puede interesar