A primeira presentación do XLVI Festival Irmandiño de Moeche terá lugar este venres, a partir das 21.00, no local social O Pereiro, coa actuación das Desmuiñadas do Ventoeiro.
Este concerto rematará en foliada libre, aberta a calquera persoa interesada. Ademais, haberá un concurso de tortillas e de croquetas, a cuxos gañadores ou gañadoras se lles entregará un agasallo como galardón.