Galicia lidera a clasificación estatal con máis bibliotecas escolares en funcionamento

O 98,2% de colexios e institutos conta con estos espazos, o que supón 15,7 puntos por riba da media de España
Galicia lidera a clasificación estatal con máis bibliotecas escolares en funcionamento
Dous mozos bótanlle unha ollada a un libro | Archivo El Ideal Gallego

Galicia lidera a clasificación estatal como a comunidade autónoma con máis bibliotecas escolares en funcionamento, segundo a última estatística publicada polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, con datos correspondentes ao curso 2023-24.


Segundo este informe, practicamente a totalidade de colexios e institutos galegos –concretamente o 98,2%– conta con espazos bibliotecarios en funcionamento, o que supón 15,7 puntos por encima da media estatal –82,5%– e 8,2 puntos máis da segunda que é Cantabria –90%–.

 

Lugares abertos


A Xunta de Galicia detallou que as bibliotecas dos colexios e institutos da comunidade son as que máis permiten o acceso ás persoas de fóra dos centros, xa que “no 62% dos casos están abertos á participación das familias, mentres que a media de España é do 36,3%”.


Nesta liña, o Goberno autonómico destacou que “case no 15% dos casos” as bibliotecas escolares están abertas a usuarios de fóra da comunidade educativa, “cando a media estatal é do 8,5%”. 


“Estes datos do Ministerio reflicten a aposta da Xunta polo apoio e dinamización destes espazos como eixos fundamentais de aprendizaxe en colexios e institutos”, subliñou a Consellería. 

 

De feito, lembrou que o fomento das competencias lingüísticas é “unha das prioridades do Goberno galego”, que se verá reforzada, segundo indicou, a partir do próximo curso coa implantación de tempo para ler como “un espazo diario e sistematizado nos centros educativos parar consolidar o hábito lector en todas as etapas”. 

Galicia lidera a clasificación estatal con máis bibliotecas escolares en funcionamento

Te puede interesar