O día das Letras Galegas 2022 virará ao redor de Valdeorras, comarca do homenaxeado

O día das Letras  Galegas 2022 virará ao redor de Valdeorras, comarca do homenaxeado
El presidente de la Real Academia Galega, Víctor Freixanes | patricia g. fraga

A Real Academia Galega (RAG) celebrará o Día dás Letras Galegas 2022, dedicado ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), cunha programación “para todas as idades” e con especial fincapé na comarca de nacemento do homenaxeado, Valdeorras.


As actividades presentáronse onte na sede da RAG na Coruña, da man do presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, que estivo acompañado polo biógrafo e familiar do homenaxeado, Ricardo Gurriarán; e a directora do proxecto “ As Letras de Florencio”, Débora Álvarez Moldes. 


Tamén asistiron as académicas da comisión executiva da RAG, Margarita Ledo, Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez Barreiro; o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García Rodríguez.


As iniciativas incidirán, dende o campo da investigación ata o audiovisual, “en tres perfiles fundamentais do autor”: a dimensión como poeta e traballador da lingua que emprega o galego das terras de Valdeorras como ferramenta de creación, a de resistente democrático e a de figura fundamental do exilio mexicano

O día das Letras Galegas 2022 virará ao redor de Valdeorras, comarca do homenaxeado

Te puede interesar