O autor do crime de Elisa Abruñedo alega “disociación da realidade”

O acusado non declara e a Fiscalía di que “sabía o que facía e quixo facelo” e que a vítima non puido defenderse
O autor do crime de Elisa Abruñedo alega “disociación da realidade”
Roger Serafín, onte, no banquiño, durante o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña | M. Dylan (EP)

A Fiscalía manifestou que Roger Serafín Rodríguez, autor confeso da morte de Elisa Abruñedo –a veciña de Lavandeira, en Cabanas, asasinada e violada en setembro de 2013 cando saíu a pasear pola contorna da súa casa– “sabía o que facía e quixo facelo”, na súa exposición ante o Tribunal do Xurado, constituído onte na Audiencia Provincial de A Coruña. Este, pola súa banda, negouse a declarar.


A súa defensa pediu unha sentenza “xusta” e argumentou “disociación da realidade” por parte do seu cliente que pensou ao día seguinte que fora outra persona a autora. Fronte a iso, as acusacións sosteñen que era consciente dos feitos.


Entre outros argumentos, para pedir unha sentenza condenatoria coas penas que reclama, o Ministerio Público insistiu en que a vítima “non puido defenderse” e que a atacou sexualmente “dunha maneira brutal” para logo “de forma repetitiva acoitelala”.


“En máis de dez anos non dixo nada e presumiu de que non ían dar con el”, engadiu sobre a investigación da Garda Civil, após ter unhas probas de ADN que non se puideron cotexar no seu momento ao non figurar o procesado en ningún rexistro, algo que se puido facer cos anos cando se logrou unha mostra do home.

 

 

Agravantes


Pola súa banda, os avogados da acusación particular –dúas en representación de cada un dos fillos– incidiron, entre outras cuestións, sobre a “memoria selectiva” do procesado e o feito de que durante “máis de dez anos” fixese unha “vida normal”, algo ao que tamén apuntou a representante fiscal.


“A parte de golpeala e maltratala con forza desproporcionada, que deixa á vítima sen posibilidade de defenderse, arrástraa”, sinalou un dos letrados da acusación ao incidir na aleivosía que pide como agravante, xunto ao ensañamiento. E é que as acusacións particulares piden un total de 37 anos de cárcere, por agresión sexual e asasinato, fronte aos 32 que reclama Fiscalía.


En relación ao sucedido, e na súa exposición ante o tribunal do xurado, argumentaron que houbo “un aproveitamento do lugar e do tempo” pola hora e a zona en relación a uns delitos que, segundo lembraron, producíronse cando o acusado viña de caza.


“Arrastrouna 17 metros cara a dentro nunha zona con abundante vexetación”, aseverou a outra acusación particular, para quen o procesado provocoulle “un deliberado sufrimento”.


A defensa entende, pola súa banda, que os feitos son constitutivos dun delito de agresión sexual e outro de homicidio e ante o xurado pediu “unha pena xusta”.


Ademais, manifestou que os feitos se produciron á “luz do día” e argumentou que era unha zona por onde pasaba xente, para descartar algunhas das agravantes expostas. “Disociou a realidade”, reiterou. l

O autor do crime de Elisa Abruñedo alega “disociación da realidade”

Te puede interesar