domingo 22.09.2019

A xira ao Eume pechará hoxe as intensas Festas das Peras

Pontedeume.Procesión de San Nicolás de tolentino
Pontedeume.Procesión de San Nicolás de tolentino

As Festas das Peras de Pontedeume vivirán hoxe a súa derradeira xornada. A xira ao Eume servirá unha vez máis de colofón ao intenso programa iniciado o pasado venres e que onte acolleu un dos eventos máis agardados edición tras edición, os tradicionais fogos de artificio. Estes tiveron lugar á medianoite, pero a actividade na vila eumesa comezaba moito antes, ao mediodía, coa procesión de San Nicolás de Tolentino, acompañada da Banda de Música Charamela.

A continuación foi a quenda para a misa coa bendición dos bolos e a renovación do voto, nun acto no que tamén cantou o Coro Alegre Intermezzo. Ao longo da tarde foron sucedéndose outras actividades como unha exhibición de ximnasia rítmica, a XV Cronoescalada a Breamo e a actuación musical de Adrián Costa & The Criers. A orquestra Marbella amenizou a verbena.

Río

A xornada de hoxe comezará ás once de mañá coa saída para o Río Eume, onde terá lugar a xira. Ás 16.30 horas actuará o Dúo Estrellas. Pola noite, ás 22.30 horas, a orquestra París de Noia poñerá o punto e final ás festas.

Comentarios