A voz de Rosa Cedrón, con piano e violín, resoa no teatro Jofre para seguir celebrando as Letras

Este concerto ofrécese despois do deste mesmo sábado, por parte de Milladoiro, no mesmo escenario
A voz de Rosa Cedrón, con piano e violín, resoa no teatro Jofre para seguir celebrando as Letras
A cantante de Monforte | CEDIDA

O concerto deste domingo no teatro Jofre, ás 19.00 horas, devolverá ao presente cantigas tan emblemáticas da cultura galega como “Negra sombra”, “Chove en Santiago” ou “Lela”, cantadas por unha voz de lenda como a de Rosa Cedrón. A artista, recoñecida pola súa longa traxectoria en Luar na Lubre e colaborar con outros músicos de prestixio como Mike O­ldfield, estará acompañada de Javier Cedrón ao violín e Juanjo Fernández ao piano.


Rosa Cedrón subirá ao escenario co seu violonchelo para volver ofrecer unha experiencia inesquecible, na que prima a elegancia e a intimidade, tanto para os espectadores que vaian recordala como para aqueles que de­sexen descubir o seu talento. As entradas están dispoñibles ao prezo de 8 euros na billeteira do Jofre e na web de Ataquilla

A voz de Rosa Cedrón, con piano e violín, resoa no teatro Jofre para seguir celebrando as Letras

Te puede interesar