Víktor Suárez (Ferrol): “Que os clientes depositen a confianza en min é o que máis me satisfai”

A remodelación da rúa Igrexa trouxo a apertura de novos negocios
Víktor Suárez (Ferrol): “Que os clientes depositen a confianza en min é o que máis me satisfai”
Víctor Suárez no seu negocio que leva o seu nome na rúa Igrexa

Estudiou Bacharelato no Concepción Arenal, marchou a Madrid e fixo deseño téxtil e estilismo, practicou cos máis grandes ata recalar de novo na súa cidade para establecerse, coincidindo coa fin das obras da rúa da Igrexa, cun negocio propio.

 

Pensaba hai uns anos neste presente ?

En Madrid levaba un ritmo frenético e a cidade acabou atropelándome, vinme por motivos familiares e regresei despois definitivamente. Quería, eso si, tras estudar sete anos, adicarme ao meu e por iso arrisquei, implicando á miña familia.

 

Era o Ferrol que deixou o que atopou á volta?

Necesitaba unha cidade como Ferrol, pequena, coa xente e as cousas necesarias para vivir tranquilo e cómodo. En 2011-12 cando estaba no instituto ía peor, non se vía xuventude na cidade, pero, cando volvín, dixen: que lle pasou a Ferrol? É un cambio bo e está empezando a ter bullicio.

 

 

E decidiu asentarse na rúa recén remodelada, a máis moderna.

O 22 de marzo do 2024 foi cando abrín as portas, coa inauguración da rúa. Tiven moi boa acollida o ano pasado, e pouco a pouco hai que ir medrando. Aínda me estou adaptando aos ferroláns, que son impredicibles, o que lles gusta hoxe, mañá é distinto, pero tamén me fan vivir activo á hora de innovar e facer cousas, que é o que me move.


Que ofrece á clientela?

Fago roupa a medida. Os novos queren rapidez e roupa económica e Inditex non nos axuda a este tipo de negocios nin ao pequeno comercio, pero hai que saber que non estamos a falar dun prezo desorbitado, é asequible para un bolsillo medio. E vai ben, dende xaneiro xa tiña a axenda ocupada ata xullo.

 

E para quen diseña e cose?

A clientela é sobre todo feminina, para BBC –Bodas, Bautizos e Comunións– pero tamén para fondo de armario e, para este ano,  xa teño dúas noivas. Estou feliz. l

Víktor Suárez (Ferrol): “Que os clientes depositen a confianza en min é o que máis me satisfai”

Te puede interesar