Vicente Araguas presenta mañá o seu recente libro de relatos na Casa das Palmeiras

Vicente Araguas presenta mañá o seu recente libro de relatos na Casa das Palmeiras
Vicente Araguas, co seu novo libro, “O lugar onde vou” | j.f.c.

O escritor nedense e Fillo Predilecto da localidade Vicente Araguas presenta na súa vila o seu último libro, “O lugar onde vou”, editado por Galaxia. Trátase dunha obra formada por 22 relatos que oscilan entre o realismo, o amor e o fantástico e que teñen como punto de partida un bar, que é onde se contan as historias.


O acto celebrarase mañá na Casa das Palmeiras, a partir das 19.30 horas, e contará coa presenza do autor e do profesor Eduardo Fra Molinero. Ao remate da presentación asinaranse exemplares da obra.


Vicente Araguas é autor dunha ampla obra en galego como poeta, narrador, ensaísta e crítico literario e ten publicado novelas como “Agora xa foi”, “A canción do verán” ou “Través do trebón”, así como o tamén libro de relatos “Xuvia-Neda”. 

Vicente Araguas presenta mañá o seu recente libro de relatos na Casa das Palmeiras

Te puede interesar