Á venda as entradas para o concerto que a Banda da Loba ofrecerá nas Pontes

Á venda as entradas para o concerto que a Banda da Loba ofrecerá nas Pontes
A ferrolá Xiana Lastra, á esquerda, xunto ás súas compañeiras de formación

A vila das Pontes será unha das paradas incluídas na xira de presentación do novo traballo da Banda da Loba. O grupo, do que forma parte a ferrolá Xiana Lastra (voz) ofrecerá un concerto o vindeiro día 1 de febreiro (sábado) no auditorio municipal Cine Alovi. Será a partir das 20.00 horas e as entradas para asistir á cita xa están á veda. Estas poden adquirirse, segundo se informou desde o Concello pontés, a través da web www.tickentradas.com ou na taquilla do auditorio, os venres, de 12.00 a 14.00 horas, e o mesmo día do concerto, desde as 19.00 horas.

Xunto a Lastra forman parte da banda Andrea Porto (baixo e coros), Estela Rodríguez (violín), Inés Mira (guitarras e coros) e  Marcela Porto (batería e percusións). Tralo seu primeiro traballo “Bailando as rúas”, a formación non só continúa, senón que acentúa en “Fábrica de luz” ese estilo heteroxéneo que as caracteriza, sen abandonar a estética nas súas letras, que seguen a ser poemas propios ou de escritoras contemporáneas. Música tradicional, folk, rock, bolero e incluso outros ritmos como o reggaeton, reggae ou ska teñen cabida nun disco do que o público poderá gozar en directo na cita pontesa do vindeiro mes de febreiro.

O grupo, que hai dúas semanas iniciou a xira que tamén as levará por Vigo, A Coruña, Lugo, Boiro, Ourense, Viveiro e Vilalba, ten como obxectivo “manter, xa non medrar, e conservar ese oco que nos fixemos no panorama musical galego cun traballo de creación, reflexión e homenaxe en torno á idea da nai entendida nun sentimo amplo”, din.

Á venda as entradas para o concerto que a Banda da Loba ofrecerá nas Pontes

Te puede interesar