Unha peza teatral achega a figura de Castelao ao público infantil no teatro Jofre de Ferrol

O texto foi escrito por Paula Carballeira e a dirección corre a cargo de Fina Calleja
Unha peza teatral achega a figura de Castelao ao público infantil no teatro Jofre de Ferrol
A figura do autor ao que se dedica o 2025 a nivel autonómico abórdase dende a perspectiva feminina | CEDIDA

A Concellería de Cultura de Ferrol retoma este domingo, ás 12.30 horas, o ciclo de teatro infantil, nesta ocasión para acoller no escenario do teatro Jofre a obra “Castelao”, de Culturactiva Producións, que se dirixe ao público familiar con nenos de máis de seis anos. O texto da peza asínao a escritora de Maniños Paula Carballeira e a dirección corre a cargo de Fina Calleja, que toma forma coas interpretacións de Cris Collazo e Mónica Camaño.


“Castelao” propón comezar un percorrido pola paisaxe emocional do ilustre de Ribeira, poñéndose na pel dun neno que desexa coñecer ao pai ausente e que se dispón a atravesar o océano para descubrir América. A figura do autor lévase a escena a través do universo feminino, co último obxectivo de que o público coñeza a infancia, a vida e a obra deste protagonista, que foi escritor, debuxante, pintor, dramaturgo, humorista e pensador.

Unha peza teatral achega a figura de Castelao ao público infantil no teatro Jofre de Ferrol

Te puede interesar