Últimos días para entregar debuxos e optar aos catro premios Curuxa do Humor 2025 de Fene

As bases poden consultarse directamente na ligazón da web municipal á que se enlaza
Últimos días para entregar debuxos e optar aos catro premios Curuxa do Humor 2025 de Fene
O concurso inclúe unha exposición para o segundo trimestre do ano | DANIEL ALEXANDRE

O XXIX Concurso de Humor Gráfico e Caricatura Curuxa do Humor, que organiza o Museo Xaquín Marín de Fene, mantén a contía dos premios con respecto á pasada convocatoria, que en total suman 5.000 euros. Os interesados en optar ao seu correspondente recoñecemento poderán entregar no Rexistro Xeral as súas obras até as 23.59 horas da xornada do sábado.


A única novidade limítase a que “calquera obra creada total ou parcialmente coa axuda da intelixencia artificial quedará automáticamente excluída do certame. As obras deberán ser de creación manual ou dixital directa por parte do/da artista”.


Así, na convocatoria, cuxas bases poden consultarse nesta ligazón á web municipal, continúan tres categorías: Curuxa, para maiores de 25 anos; Curuxa Nova, para idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos; e Caricatura, na que poderán participar debuxantes a partir dos 16 anos. 

Últimos días para entregar debuxos e optar aos catro premios Curuxa do Humor 2025 de Fene

Te puede interesar