Últimos días para anotarse aos premios María Moliner

Últimos días para anotarse aos premios María Moliner
O centro aresán acumula seis premios María Moliner, os catro últimos consecutivos | CEDIDA

Os concellos que contan con biblioteca e teñen menos de 50.000 habitantes poden optar á convocatoria dos premios María Moliner para o fomento da lectura. O prazo para a inscribirse está aberto e permanecerá dispoñible até este venres.


A proposta posibilita acceder a un importe de 2.777 euros, que pode chegar aos 10.000 no caso de que a candidatura resulte seleccionada entre os 10 mellores. Na anterior edición resultaron gañadores cinco proxectos en toda a provincia, dos que un foi presentado pola biblioteca municipal de Ares e a Juan Fernández Latorre de Ortigueira.


Os centros que foron premiados tiveron a posibilidade de destinar a contía á compra de libros ou publicacións periódicas sen importar o tipo de soporte. O concurso é convocado polo Ministerio de Cultura e ten como obxectivo impulsar proxectos ou actividades de dinamización lectora que se desenvolvan por medio das bibliotecas municipais.


A subdelegada provincial do Goberno, María Rivas, sinalou a importancia de apostar por estas iniciativas que abren portas á imaxinación, posibilitan a adquisición de información a través de fontes diversas, útil para a formación dunha opinión crítica, ademais de ser un pilar fundamental de promoción cultural e desenvolvemento persoal. 

Últimos días para anotarse aos premios María Moliner

Te puede interesar