Susana Doce, emprendedora naronesa en Control e Forza: “Hai que facer o que nos gusta, o que nos fai felices”

Rexenta un centro de adestramento persoal e pilates na Gándara
Susana Doce, emprendedora naronesa en Control e Forza: “Hai que facer o que nos gusta, o que nos fai felices”
Susana Doce no seu local da Gándara | Cedida

Control e Forza é un estudio de adestramento persoal e pilates que ten o selo de Susana Doce. Está na Gándara, en Narón, e ofrece, ademais do pilates mat –sen aparellos–, o reformer, cunha máquina específica. 

 

“Levaba toda a vida querendo facer isto”, explica a responsable, “pero as circunstancias persoais non me permitiron facelo antes. Agora era o momento porque os meus fillos xa son maiores e hai que facer o que a un lle gusta: a vida laboral é longa e hai que apostar polo que nos fai felices”. 

 

 

Doce destaca a importancia de “estar a pé de rúa; non hai cor porque estes negocios teñen moitísima máis visibilidade e, ademais, dan vida ás rúas e aos barrios”.

 

 

Aínda que tiña claro que chegara o momento de emprender, Susana Doce sinala que hai “cousas que mellorar”. Nese sentido, lembra os dous meses de espera para que a compañía eléctrica lle dese o CUPS da luz. “Foi terrible”, di antes de engadir que “en xeral, o tema do papeleo non funciona ben, non hai axilidade ningunha para os pequenos”. 

 

 

No outro lado da balanza está o fundamental: “Animo á xente a apostar polo que lle fai ilusión, a ir polo teu soño de sempre e loitar por facelo da mellor forma posible”, afirma. 

Susana Doce, emprendedora naronesa en Control e Forza: “Hai que facer o que nos gusta, o que nos fai felices”

Te puede interesar