Semente Trasancos retoma o seu festival cun espectáculo de música e regueifas

Semente Trasancos retoma o seu festival cun espectáculo de música e regueifas
Isabel Risco presentou o espectáculo no Pazo da Cultura | e.c.

O proxecto educativo en galego Semente, na súa sección de Trasancos, retomou o festival de apoio para recabar fondos que estivera parado dous anos pola pandemia de coronavirus e fíxoo onte no Pazo da Cultura de Narón, cunha función na que houbo cabida para a música e a palabra e que estivo presentado por Isabel Risco.

O espectáculo dedicou un espazo á regueifa, con presenza de Séchu Sende, Manolo Maseda, Lupe Blanco, O Rabelo e as Regueifeiras da Semente. Tamén contou, no apartado musical, coa viguesa High Paw, que mistura reggae e música de raíz con letras cheas de personalidade. Estivo acompañada por O Rabelo.

Completando o cartel estivo ademais Gaëlo, rap en galego por conta do vocalista de Som do Galpom. 

Semente Trasancos retoma o seu festival cun espectáculo de música e regueifas

Te puede interesar