domingo 05.07.2020

Remata o prazo do concurso de viñetas pola igualdade que organiza a Deputación

Mañá remata o prazo de presentación de obras á terceira edición do concurso de viñetas que convoca a Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do Día da Muller Traballadora.

Mañá remata o prazo de presentación de obras á terceira edición do concurso de viñetas que convoca a Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do Día da Muller Traballadora.

O certame está destinado a mozos de entre 12 e 18 anos de calquera nacionalidade que presenten, individualmente ou en grupo, unha viñeta ou tira que reflicta a intención de fondo deste concurso, fomentar a sensibilización e implicación activa da sociedade con respecto á igualdade de oportunidades no mercado laboral para os dous xéneros, acabar cos estereotipos dalgunhas profesións, promover a conciliación da vida laboral e a familiar, e permitir que as mulleres entren en igualdade de oportunidades na vida pública.

Premios

Cada participante só poderá presentar unha única obra escrita en galego e non premiada. Os galardóns consistirán nun iPad para o primeiro posto e un e-book para o segundo e o terceiro premiados. Todos eles recibiran unha colección de cómics. A Deputación da Coruña poderá facer uso das obras para campañas de sensibilización e actividades da institución relacionadas co fomento da igualdade de xénero.

A concesión do premio decidirase antes do 25 de abril. Todas as condicións do certame veñen detalladas polo miúdo nas bases do concurso publicadas no Boletín Oficial da Provincia. Tamén poden consultarse na web www.dicoruna.es.

Comentarios