Pura Tejelo procura respostas trascendentais na obra “Vestidos de organdí”

O exemplar preséntase o xoves na Central Librera da rúa Dolores
Pura Tejelo procura respostas trascendentais na obra “Vestidos de organdí”
A autora da obra que presentará na Central Librera xunto a Araguas | CEDIDA

O ser, o tempo, a morte ou o significado da propia vida son algúns dos elementos aos que Pura Tejelo procura resposta na súa obra “Vestidos de organdí”, que presentará este xoves na Central Librera da rúa Dolores, ás 19.00 horas.


Unha prenda, que é a que pon título ao libro, vai fiando o texto, que está estructurado en catro partes, e que dará a coñecer a autora xunto ao crítico e escritor nedense Vicente Araguas. A riqueza da linguaxe poética para expresar emocións que caracteriza os traballos de Pura Tejelo volve refulxir neste exemplar, que se orixinou a partir do poema “A hora dos adeuses”, que converte a mesa familiar nun lugar de despedida.


Para levalo a cabo, a autora recolle toda unha pluralidade de voces que enfrontan adversidades e cuestionan a natureza da vida, a finitude, a transitoriedade e a inevitábel transformación que lle é inherente. “É un exemplo glorioso dese misterio, sen o cal non hai Poesía, en maiúscula”, sinala Araguas, que cando le a Tejelo sinte “estar diante dun asunto de seda”. 

Pura Tejelo procura respostas trascendentais na obra “Vestidos de organdí”

Te puede interesar