O público sube ao escenario nun espectáculo de Manekineko no teatro Jofre de Ferrol

A compañía viguesa presenta "Cancións amarelas, flores tristes" este venres
O público sube ao escenario nun espectáculo de Manekineko no teatro Jofre de Ferrol
A compañía Manekineko vén dende Vigo a actuar no Jofre | CEDIDA

A compañía viguesa Manekineko propón este venres, no teatro Jofre, o espectáculo inmersivo “Cancións amarelas, flores tristes”, no que parte do público vivirá unha experiencia de proximidade. Este drama con tintes cómicos, dirixido por Nerea Brey e escrito por Ernesto Is, comezará ás 20.30 horas e recoméndase a público a partir de 16 anos.


Parte dos espectadores sentarán nas mesas e cadeiras que se distribuirán en escena, de maneira que estes tamén se sitúan no karaoke no que acontece a historia. Neste espazo coinciden catro protagonistas de idades, xéneros, crenzas e realidades socioeconómicas moi diferentes. Ao longo da madrugada, cancións e alcohol mestúranse cos problemas que levan a estas personaxes a refuxiarse neste establecemento.


A través deste argumento, que se atopa a medio camiño entre a comedia e o drama, a función visibiliza diferentes problemáticas da sociedade actual e como estas afectan tanto á saúde mental como ás relacións interpersoais. Os protagonistas serán encarnados por Nacho Castaño, María Costas, Fran Nogueira e María de las Llanderas, que darán vida a un espectáculo para o que xa están dispoñibles as entradas na billeteira do teatro Jofre e na páxina web de Ataquilla. 

O público sube ao escenario nun espectáculo de Manekineko no teatro Jofre de Ferrol

Te puede interesar