Os Premios Ilustrados 2025 teñen nome e apelidos: Ana Ares, Anabel Bello e Eduardo Fra Molinero

Os galardóns entregaranse o domingo, en Amboage, e o sábado ofrécese unha visita guiada con inscrición previa
Os Premios Ilustrados 2025 teñen nome e apelidos: Ana Ares, Anabel Bello e Eduardo Fra Molinero
O ano pasado os premios entregáronse a tres entidades | JORGE MEIS

A quinta edición do Festival Ilustrado de Ferrol volve recoñecer a persoas destacadas no ámbito local pola súa contribución ao evento e a súa achega á difusión da historia deste movemento cultural que dá sentido á celebración. Este ano os gañadores son a vicerreitora do Campus, Ana Ares Pernas, e aos historiadores Anabel Bello Platas e Eduardo Fra Molinero.


Estes galardóns entregaranse este domingo, ás 12.00 horas, na praza de Amboage, unha vez inmersos no festival, que se inaugu­rará o venres ás 18.15 neste mesmo espazo. A continuación, un pasarrúas percorrerá A Magdalena, exhibiranse os bailes da época e tamén haberá unha recreación escénica, rematando no Cantón con música en directo e un aperitivo.


O sábado, ás 11.00 horas, os interesados poderán inscribirse (a través do WhatsApp 660 311 962) nunha visita guiada de balde ao Ferrol da Ilustración, cuxo punto de partida será a oficina de turismo do porto. Entre as actividades desta xornada tamén figuran algunhas para persoas caracterizadas, como a sesión de maquillaxe ou o aperitivo da 13.15 no Cantón.


A entrega dos premios do domingo acompañarase cunha degustación de chocolate con churros, tamén para aqueles que vaian ataviados cos traxes da época, que poden alugarse ata mañá no local da rúa Real 57. Ademais, durante os dous días da fin de semana, na praza de Amboage habilitarase un espazo de recollida de sinaturas para a candidatura de Ferrol a Patrimonio da Humanidade.

Os Premios Ilustrados 2025 teñen nome e apelidos: Ana Ares, Anabel Bello e Eduardo Fra Molinero

Te puede interesar