Poemas de Rosalía de Castro para lembrar á autora galega no aniversario do seu nacemento

Poemas de Rosalía de Castro para lembrar á autora galega no aniversario do seu nacemento
Antiguo Hospicio. Acto Rosalía de Castro. Organiza Medulio

Os versos de Rosalía de Castro tomaron onte, como xa o fixeron durante a fin de semana, diferentes espazos da comarca co gallo da conmemoración do 183 aniversario do nacemento da autora de “Follas novas”. En Ferrol, onde o acto institucional tivo lugar o domingo, a Sociedade Cultural Medulio organizou un recitado de poemas acompañado de música. A cita desenvolveuse no salón de actos do antigo Hospicio.

En Cedeira, pola súa banda, os veciños e veciñas que quixeron secundar o acto déronse cita diante da biblioteca municipal, en cuxa fachada loce un mural coa faciana da ilustre poeta galega. Alí procederon á lectura dalgúns dos seus textos. Con esta actividad, o goberno local quixo recordar a obra literaria de Rosalía mais tamén render homenaxe a unha muller adiantada ao seu tempo en canto aos dereitos do colectivo feminino e a unha das protagonistas do “Rexurdimento Galego”.

En Ortigueira, a conmemoración tivo como eixo o “caldo de gloria”, receita recollida nun dos poemas da autora e que na vila ortegana puido ser degustado nos catro establecementos que responderon á convocatoria do Concello para incluílo nas súas cartas.

En San Sadurniño, onte concluíu precisamente o prazo para participar na mostra colectiva “Aló no recuncho máis fermoso”, á que moitas persoas achegaron as súas obras en homenaxe á escritora.

Sábado
O vindeiro sábado celebrarase ademais no municipio un acto para lembrar a súa obra con varias actividades, como o obradoiro de rap que empregará como base os versos de Rosalía e que terá lugar na Casa da Xuventude entre as 16.45 e 18.45 horas. Ofértanse 25 prazas que se irán cubrindo por orde de solicitude a través do correo agustin.perez@sandadurnino.gal ou do teléfono 616 332 919.

O resultado do obradoiro poderá verse despois, a partir das 19.00 horas, na Casa da Cultura, onde terá lugar un pequeno acto de clausura do Mes de Rosalía e que incluirá a proxección do documental “Negra Sombra”. Haberá tamén unha lectura colectiva e varias actuacións musicais. A entrada será libre.

Poemas de Rosalía de Castro para lembrar á autora galega no aniversario do seu nacemento

Te puede interesar