A pianista rusa Yulianna Avdeeva actúa o xoves no Auditorio de Ferrol

A pianista rusa Yulianna Avdeeva actúa o xoves no Auditorio de Ferrol
A pianista rusa Yulianna Avdeeva actúa este xoves no Auditorio

A pianista rusa Yulianna Avdeeva actúa este xoves –20.30 horas– no Auditorio de Ferrol coa Orquesta Sinfónica de Galicia, dirixida por Jaime Martín. Interpretarase un programa que inclúe a Sinfonía nº 2 en re maior, op. 43, de Jean Sibelius, e o Concerto para piano en la menor, op. 16, de Edward Grieg. 


Avdeeva é unha das pianistas máis reputadas do mundo. En 2010 foi a merecedora do primeiro premio do Concurso Internacional de Piano Frédéric Chopinn, que desde 1927 –a partir de 1955 é cada cinco anos– se celebra en Varsovia. Converteuse así na primeira muller en conseguilo desde que o fixera, en 1965, a arxentina Martha Argerich.  


Organiza a Sociedad Filarmónica Ferrolana. O prezo é de 4 euros para os socios e de 15 para os que non o son.

A pianista rusa Yulianna Avdeeva actúa o xoves no Auditorio de Ferrol

Te puede interesar