Pablo Leira: “Gústanme moitos estilos; o importante da música é que me diga algo”

O músico mugardés actúa esta tarde no Torrente na segunda cita dos Xoves da Capela
Pablo Leira: “Gústanme moitos estilos; o importante da música é que me diga algo”
Leira actúa hoxe na capela do Torrente I Cedida

O mugardés Pablo Leira será hoxe o protagonista do segundo Xoves da Capela –21.00 horas no Centro Torrente Ballester– desta nova temporada que comezou o pasado día 8 con Damián Foretic&Raúl Chiocchio. Presentará o seu primeiro disco, titulado “Dirt, Wood&Grass” (Ferror Records), un traballo que abala entre o son americana e o folk, aínda que hai moitos máis matices nos seus temas. 


Leira cursou unha formación en interpretación de guitarra no Berklee College of Music, en Boston, onde obtivo premios como o John LaPorta en 2019 y o Jimi Hendrix en 2020, credenciais que avalan o seu talento. 
“Dirt, Wood&Grass” está composto por nove temas e o seu autor recoñece que “foi un proceso longo, dun ano e medio en total. Contei coa axuda de Alec Rosenberg, un compañeiro da universidade, e entre os dous fixemos o que puidemos cos recursos que tiñamos. Logo en Ferrol rematamos o disco en RR Studios con Danny Abeledo, en RR Studios”.

 

O compositor presentará o seu primeiro disco, titulado “Dirt, Wood&Grass”, con nove temas


O disco é, polo tanto, consecuencia dunha estadía moi  frutífera nos Estados Unidos. “Aprendín moito, tanto do instrumento como da música. Ademais tiven a oportunidade de tocar con músicos en diferentes eidos e iso axudoume a abarcar moitos estilos moi diferentes. Foi unha experiencia moi positiva”, conta.
No concerto de hoxe, Leira estará acompañado por “tres dos mellores talentos da bisbarra: Fernando Couce á batería, Sito Sandá ao baixo e o grande Alvarito Lamas á `pedal steel´. Tamén contaremos co mítico Pepe Coira, que sairá facer un par de temas coa harmónica”. 


A respecto dos seus gustos e referentes, o músico mugardés ten unha óptica moi ampla. “Teño moitos. De toda a vida gustáronme os Beatles, pero pasei por moitas fases de admiración desmedida: Iván Ferreiro, Los Planetas, The Band e a última que me deu foi con Bob Dylan. Gústame en xeral a música, dáme igual o estilo. O importante para min é que me diga algo”.  

Pablo Leira: “Gústanme moitos estilos; o importante da música é que me diga algo”

Te puede interesar