lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Narón e Asfedro poñen en marcha un programa educativo sobre drogas

Na imaxe, un intre da presentación, o venres, do proxecto educativo que se desenvolverá na ESO | cedida

O concelleiro de Sanidade de Narón, Santiago Galego, presentou nas últimas horas xunto con representantes da Asociación Ferrolana de Drogodependencias,  como Clara Alberto Ucha, vicepresidenta; Francisco Varela Cachaza, secretario, e Rebeca Graña, educadora social, o proxecto “Puntoxpunto Infodrogas Narón”.


Trátase dun recurso educativo ofrecido aos centros de ensino da cidade, para a etapa de ESO, que consiste “nun punto de información virtual sobre drogas e adiccións ao que se pode acceder a través da rede social Instagram”, como precisan desde o Concello naronés. Información sobre drogas e adiccións e un xogo interactivo de preguntas para valorar e ampliar os coñecementos sobre estes temas forman parte dos contidos deste programa, sobre o que se informará á cidadanía a través dun reparto de marcapáxinas nos centros de ensino, nos que haberá diferentes sesións para coñecer o material divulgativo nas aulas.


A iniciativa  comezou a desenvolverse o venres e rematará en decembro deste ano, período no que se traballará tanto co alumnado como co profesorado dos centros de ESO e coas súas familias.


“A necesidade de canalizar estratexias preventivas, deseñando programas que teñan presente o constante cambio e evolución no xeito no que a mocidade se relaciona, aprende e recibe a información é o punto de partida deste proxecto”, recalcou o edil de Sanidade, quen agradeceu tamén o traballo que se leva a cabo dende Asfedro nestes temas tan importantes para a poboación en xeral e a mocidade en particular.


A información que circula nas redes sociais sobre o uso das substancias ou do manexo de internet, está en ocasións sesgada, pode ser contraditoria, ter escasa base científica e facilita a normalización do consumo e a aparición de condutas de risco asociadas a el. Por este motivo, dende o Concello naronés e Asfedro considerouse fundamental a creación dun espazo virtual de referencia, no que se transmitan os coñecementos necesarios sobre esta problemática “dende unha perspectiva non invasiva, empática e veraz e no que a través de diferentes infografías, animacións e vídeos explicativos, facilitaremos aos mozos e mozas un lugar seguro para promover a reflexión e a toma de decisións relativa a estas cuestións”, apuntan os organizadores.


Parte do contido creativo deste programa para os institutos é  participativo polo que conta tamén coa ferramenta de aprendizaxe “PuntoxpuntoNarón Salúdicos”. Trátase dun xogo interactivo de preguntas que permite avaliar e ampliar o coñecemento xeral no campo das drogas e as adiccións, aportando respostas esclarecedoras e transformadoras de percepcións e ideas preestablecidas sobre as mesmas, indican desde a Concellería de Sanidade do consitorio naronés.


As persoas interesadas poden acceder ao contido da proposta a través da seguinte ligazón: www.instagram.com/puntoxpuntonaron/.

Narón e Asfedro poñen en marcha un programa educativo sobre drogas

Te puede interesar